AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O Valedor acusa os concellos de tolerar a ilegalidade urbanística

PHP-NukeO informe anual do Valedor do Pobo, que foi presentado onte, chama a atención sobre a “pasividade” das administracións locais diante das ilegalidades urbanísticas. Benigno López constata “demoras inxustificadas” na tramitación de denuncias e nas accións para acatar resolucións como a demolición de inmobles construídos irregularmente. Advirte de que “a falta dunha actuación eficaz por parte da administración pode ocorrer que as obras ilegais realizadas se convertan en feitos consumados, cun difícil retorno á legalidade”.

Benigno López tamén lles dá un toque aos concellos para aumentar a participación pública na elaboración dos plans xerais de ordenación municipal (PXOM) no sentido de que se deben crear “canles e foros de participación de todos os colectivos representativos que conflúen no deseño dun plan urbanístico” antes da aprobación inicial.


O urbanismo e a vivenda teñen un especial peso dentro das demandas dos cidadáns ao Valedor. Supoñen unha de cada dez queixas remitidas ao longo de 2009: 241, o que representa un 40% máis que o ano anterior. A institución avisa de que a inacción municipal fai que ás veces se consolide a obra ilegal. Menciona casos nos que a pasividade do consistorio leva ás veces, á prescrición da infracción urbanística. “Constitúe unha queixa frecuente a ineficacia das administracións municipais para conseguir que se executen as demolicións de obras ilegais”, reflicte o docmento.
Ao longo de 2009, o Valedor reclamou a execución de sentenzas de demolición aos concellos de Cabana de Bergantiños, Sarria e Boborás. Tamén lle advertiu ao de Barreiros o deber de facilitar información sobre os expedientes urbanísticos aos que lles concede licenza e ó de Ares sobre a necesidade de axilizar os trámites dun expediente de reposición de legalidade urbanística. Outro tema de controversia é a concesión de licencias de construción no rural.
Estas só están autorizadas dentro do núcleo e a súa zona de expansión, pero o Valedor detecta problemas nos municipios que non teñen delimitada esta división do solo. Benigno López tamén lles dá un toque aos concellos para aumentar a participación pública na elaboración dos plans xerais de ordenación municipal (PXOM) no sentido de que se deben crear “canles e foros de participación de todos os colectivos representativos que conflúen no deseño dun plan urbanístico” antes da aprobación inicial. Respecto á vivenda, a maioría das reclamacións teñen que ver con retrasos no cobro da renda básica de emancipación que o Goberno central concede aos menores de 30.
As reclamacións en materia de obras públicas e expropiacións duplicáronse en 2009. Foi, en gran parte, polas 169 peticións de amparo que motivou o trazado do AVE entre A Coruña e Betanzos ao seu paso por Piadela e Castro. Estas reclamacións foron remitidas ao Defensor del Pueblo, por tratarse dunha obra do Ministerio de Fomento. Con 262 queixas, a área de Obras Públicas e Expropiacións foi o segundo ámbito con máis reclamacións, só por detrás de Servizos Sociais, con 336.

Link: XORONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"O Valedor acusa os concellos de tolerar a ilegalidade urbanística" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos