 |
| Menú |  |
| Online |  |
Actualmente hay 19 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
| Información |  |
|  |
PORTAL DE NOTICIAS CAFE BAR A MARINA
|
|
 | Concello de Cedeira - BOP |
 ANUNCIO
Caducidade e baixa de extranxeiros non comunitarios no Padrón Municipal de Habitantes (INE 111)
Resolución de Alcaldía núm. 26 do 24.01.2012
A Lei orgánica 14/2003, de 20 de novembro, no seu artigo 3º modifica a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e introduce, entre outras, unha modificación no artigo 16 que establece a renovación periódica cada dous anos das inscricións de estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia permanente no Padrón Municipal de Habitantes e a caducidade de ditas inscricións, no caso de que o interesado non procedese a tal renovación. Neste caso, a caducidade poderá declararse sen necesidade de audiencia previa do interesado.
Tendo en conta o resto da lexislación aplicable nesta materia e de acordo coa documentación xustificativa que consta en poder do Negociado de Estatística deste Concello, en uso das atribucións que me están conferidas,
RESOLVO:
|
|
|
Enviado por Tono el Jueves, 02 febrero a las 18:29:47 (62 Lecturas)
(Leer más... | 1203 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Concello de Cedeira - DOGA |
Portos de Galicia
ACORDO do 25 de novembro de 2011, da Xefatura da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa por parte da Confraría de Pescadores de Cedeira.
J. Agustín Pérez Pernas, en calidade de patrón maior da Confraría de Pescadores de Cedeira, presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa para a ocupación da casa do pescador de Cedeira con destino a usos múltiples en zona de dominio público portuario de Cedeira.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral (BOE núm. 284, do 27 de novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz n.º 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 25 de novembro de 2011.
Antonio López Fernández Enxeñeiro xefe da Zona Norte de Portos de Galicia
|
|
|
Enviado por Tono el Lunes, 30 enero a las 09:19:09 (19 Lecturas)
(Leer más... | 1325 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Concello de Cedeira - BOP |
 ANUNCIO
EMPRAZAMENTO PROCEDEMENTO ABREVIADO 394/2011.
Faise público para os efectos previstos no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, de xurisdicción contencioso-administrativa, e artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo n. 1 de Ferrol, CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA interpuxo recurso contencioso-administrativo contra Concello de Cedeira, por modificación do horario do persoal do Concello.
Polo exposto emprázase a todo o que fose interesado no procedemento para que poida comparecer e persoarse no prazo de nove (9) días ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo n. 1 de Ferrol, rúa Coruña, nº 55, 2ª planta, 15402, Ferrol.
Cedeira, 18 de xaneiro de 2012 O Alcalde Leopoldo Rubido Ramonde
|
|
|
Enviado por Tono el Viernes, 27 enero a las 12:03:13 (42 Lecturas)
(Leer más... | 926 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Concello de Cedeira - BOP |
 ANUNCIO
EMPRAZAMENTO PROCEDEMENTO ABREVIADO 190/2011.
Faise público para os efectos previstos no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, de xurisdicción contencioso-administrativa, e artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 1 de Ferrol, MDC INGENIERÍA, S.L. interpuxo recurso contencioso-administrativo contra o Concello de Cedeira, abono da factura n.º 057/1998, por importe de 523,98 € máis intereses de demora.
Polo exposto emprázase a todo o que fose interesado no procedemento para que poida comparecer e persoarse no prazo de nove (9) días ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 1 de Ferrol, rúa Coruña, n.º 55, 2.ª planta, 15402 Ferrol.
Cedeira, 12 de xaneiro de 2012. O alcalde Leopoldo Rubido Ramonde
|
|
|
Enviado por Tono el Jueves, 26 enero a las 09:08:22 (22 Lecturas)
(Leer más... | 984 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | A MOCIÓN QUE O ALCALDE, NON LLE DEIXOU PRESENTAR AOS SOCIALISTAS |
 GOLPE MORTAL AOS EMPRENDEDORES
O 18 de outubro do 2011 a Alcaldía renuncia á subvención concedida polo
Ministerio de Industria do Goberno de España para a realización do proxecto
“Centro Municipal de Empresas”, o que, de maneira coloquial, denominabamos niño
ou viveiro de empresas.
O goberno que tivemos o honor de presidir
impulsa este proxecto no ano 2009, consciente de que o Concello debe apoiar de
forma proactiva a consolidación dun tecido empresarial sólido no noso
municipio.
Nace á sombra do Plan Ferrol que pretende revitalizar a economía das
comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal.
O Plan Ferrol está detrás das axudas ás
empresas que están a instalarse no Parque Empresarial de Cedeira. Coordina
fondos europeos, estatais, e galegos, para por a disposición de iniciativas
empresariais, finanzamento sen aval a interés cero con longos prazos de
carencia e amortización, cando non a fondo perdido, como é o caso da subvención
á que se acaba de renunciar.
Sentímonos na obriga de impulsar o
viveiro de empresas de Cedeira, como no seu dia se fixo en As Pontes, porque:
§
Poría
a disposición dos emprendedores cedeireses estudios, oficinas, ou talleres con
alquileres a baixo custo, toda vez que se aproveitarían as ventaxas dos
sevicios comúns, limpeza, subministros, etc.
§
Sería
un complemento útil para as empresas instaladas no Parque Empresarial da Trabe.
§
Axudaría
a que os nosos emprendedores se quedasen no seu pobo. Sería un instrumento para
a adquisición de experiencia que lle permitiría á mocidade afrontar as duras
esixencias do mundo empresarial. Os principios son sempre os máis difíciles.
§
Apoiaría
á pequena e mediana empresa, xeradora do maior número de postos de traballo do
noso pais. Trátase dun mecanismo de autoemprego que suavizaría a dura situación
sociolaboral do noso Concello.
§
Sería
unha saída para a xuventude que sae cunha extraordinaria formación dos nosos
centros educativos.
A mocidade formada nas ramas profesionais do IES PUNTA
CANDIEIRA é moi apreciada polo empresariado doutros polígonos indutriais.
Aspirabamos a que moitos deles exercesen as súas profesións en Cedeira.
Na sesión de 26 de outubro de 2011, da
Xunta de Goberno Local, no seu punto 6.3 RATIFICARON A RENUNCIA ÁS AXUDAS DE REINDUSTRIALIZACIÓN acordado
polo Alcalde “Debido a la imposibilidad
de hacer frente a la aportación municipal” que ascende a 60.250 €.
Desde o Grupo Socialista propoñemos
a aprobación dunha moción de reprobación
hacia esta resolución tomada polo actual Alcalde e pola súa Xunta de Goberno porque,
fronte ás bondades do Viveiro de Empresas, resumidas máis arriba:
1.
Non
dí verdade o Alcalde e con elo a súa Xunta de Goberno cando fala da “imposiblidade
de facer frente á aportación municipal”. Basta con mirar o frívolo destino, neste
momento de crise e paro, ao que adicarán os fondos que nos enviará a Deputación
Provincial.
2.
A
renuncia obedece, unha vez máis, a un espíritu sectario que vai contra os intereses
da Institución e de toda Cedeira, porque, igual que fixo eliminando a cor do
Palacete, prefiere destruir e despilfarrar os cartos dos contribuíntes, a que
permanezan e cobren vida os proxectos que non lles pertencen, por fermosos e
importantes que estes sexan.
De igual maneira ínstase ao Goberno Municipal de Cedeira a
poñer cantos medios estean ao seu alcance para facer realidade este proxecto
tan importante para o futuro dos nosos emprendedores
En Cedeira, a 23 de xaneiro de 2012JOSÉ LUIS VERGARA REY PORTAVOZ SOCIALISTA
|
|
|
Enviado por Tono el Jueves, 26 enero a las 09:06:26 (43 Lecturas)
(Leer más... | 4033 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | Concello de Cedeira - Axenda Cultural |
 Continuando cos sábados de comedia, no Auditorio Municipal de
Cedeira poderemos ver o día 28 ás 19:30 h. ao grupo de teatro M. de Ares
coa obra "A Voda de Esganarello" de Moliére
Entrada: 2,50 €
Sinopse: Un vello moi rico pretende casar cunha rapaciña nova e moi
fermosa e para iso trata a voda coa nai da rapaza, pois sabe das
necesidades desa familia. Pero a cousa non vai ser tan doada ...
|
|
|
Enviado por Tono el Miércoles, 25 enero a las 12:27:06 (12 Lecturas)
(Leer más... | 604 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Concello de Cedeira - DOGA |
ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 41-42 do parque empresarial da Trabe.
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria realizada o 29 de novembro de 2011, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o estudo de detalle, promovido por Ortegal Laboratory, S.L., co obxecto de definir a ordenación de volumes correspondentes á agrupación das parcelas 41-42 do parque empresarial da Trabe (Cedeira), redactado por M.ª Victoria Garro Novillo e visado polo COAG na data 2.9.2011.
Este acordo supón o levantamento da suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle.
O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 14 de decembro de 2011, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dándolle traslado, así mesmo, de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con todos os planos e os documentos que o integran debidamente dilixenciados pola secretaria do concello.
Contra este acordo plenario, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse de xeito previo e potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Pleno do Concello de Cedeira, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.
Cedeira, 15 de decembro de 2011.
Leopoldo Rubido Ramonde Alcalde
|
|
|
Enviado por Tono el Martes, 24 enero a las 10:32:34 (13 Lecturas)
(Leer más... | 2193 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | INDEFINICIÓN - Por Diego R. Piñón |
Un artigo de Diego R. Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol
"No tórrido outubro pasado organizamos unha andaina a San Andrés de
Teixido. Partimos do parque dos parrulos,á beira do río Condomiñas onde,
por certo, un picapeixe nos deleitou cunha espléndida sesión de pesca
matutina. Xa en ruta no val de Regoa, a xente parouse a contemplar un
fenómeno extraordinario. Unha maciñeira cargada de froito, con flores e á
que lle caían as follas.Todo á vez. Sorprendidos, conxuntamente
miramos, comentamos a tolemia do tempo e algúns inmortalizaronna co seu
móvil. Seguimos camiño deixando atrás unha árbore en crise,
desnaturalizada, en indefinición estacional. En maio a semente da lei
de dependencia e autonomía persoal cumplirá cinco anos da súa
implantación. ¿En que momento se atopa? Sen lugar a dúbidas, nunha
situación similar á maciñeira de Regoa: expedientes con froito, outros
en flor e moitos caidos e perdidos para sempre. Simultaneamente activa,
recortada e paralizada. En definitiva en indefinición. Sabemos que a
Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia está a punto de
regala publicando unha orde que aumentará o copago dos seus usuarios en
servizos residenciais, centros de día e de axuda no fogar. Mais non
sabemos cal será a súa próxima estación, o seu futuro. As decisións do
goberno central en marzo poden marcar a diferenza entre unha esperada e
florida primavera ou a volta a un continuo inverno indefinido. ¿Só o
tempo está tolo?"
|
|
|
Enviado por Tono el Lunes, 23 enero a las 13:32:07 (35 Lecturas)
(Leer más... | 1671 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | Asociación Deportivo-Cultural Mariña Axexo |
Luego de una semana de sol, el día domingo pasado amaneció
lluvioso. A pesar de ello salimos en la caminata prometida por los acantilados. La lluvia obligó a modificar la ruta inicial, pero de todos modos los
senderistas más entusiastas salieron en una marcha de 4 horas a disfrutar de
buenos paisajes y camaradería. Agradecemos a nuestro monitor, Moncho, la colaboración del
Ayuntamiento de Cedeira Conc. De Juventud y Deportes, a Estrella de Galicia que
nos donó las aguas que se entregaron a los senderistas y a Protección Civil que
nos acompañó en todo el trayecto.
Los esperamos en la próxima caminata. Asociación Axexo
 © 2012 - AXEXO
|
|
|
Enviado por Tono el Jueves, 19 enero a las 12:27:22 (58 Lecturas)
(Leer más... | 1235 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Concello de Cedeira - POS |

Número
17025 URL
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17025 Estado
Pendente de adxudicar
Tipo de procedemento
Negociados sen publicidade
Tipo de contrato
Obras
Importe
60.064,44 €
con IVE
|
|
|
Enviado por Tono el Jueves, 19 enero a las 10:50:07 (31 Lecturas)
(Leer más... | 1735 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Concello de Cedeira - Axenda Cultural |
Programación do Auditorio Municipal de Cedeira para este trimestre.
Xaneiro
Sábado 21 - 19:30 h. Teatro - Manicómicos - “AparenteMente”
Sábado 28 - 19:30 h. Teatro - G.Teatro Ares- "A voda de Esganarello"
Febreiro
Sábado 4 - 19:30 h. Monólogo - DAVID AMOR - “Fuera de sitio”
Sábado 11 - 19:30 h. Teatro - Carrachanacacha “Comendo pementos de Padrón con Tarantino”
Sábado 25 - 19:30 h. - Teatro - “A filla de Woody Allen” de Santiago Cortegoso
Marzo
Sábado 3 - 19:30 h. Teatro - Vilano Producións - “Chamada desde o máis alá”
Sábado 10 - 19:30 h. Teatro Infantil - Ghazafelhos "Nana para un soldado"
Sábado 24 - 19:30 h Teatro - Assircópatas - "Montaxe"
Sábado 31 - 19:30 h. Meendinho Grupo de Musica Medieval "Os Miragres de Santiago"Abril
Sábado 7 - 19:30 h. Teatro Danza - Elefante Elegante - “Iliria
|
|
|
Enviado por Tono el Miércoles, 18 enero a las 12:55:44 (18 Lecturas)
(Leer más... | 1256 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Concello de Cedeira - BOP |
Anuncio aprobación padrón fiscal taxa recollida lixo 2011
A Xunta de Goberno Local de Cedeira aprobou provisionalmente o 11 de xaneiro de 2012 o Padrón Fiscal da taxa de recollida de residuos sólidos ubanos correspondente ao exercicio de 2011.
Para que os interesados poidan presentar as reclamacións que consideren oportunas, dito padrón expónse ao público durante o prazo de quince días hábiles, desde o día seguiente ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Cedeira, 11 de xaneiro de 2012
O alcalde Leopoldo Rubido Ramonde
|
|
|
Enviado por Tono el Martes, 17 enero a las 13:00:26 (20 Lecturas)
(Leer más... | 636 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Asociación de Discapacitados " Sobre Rodas " - CEDEIRA |
Desde la Asociación de Discapacitados Sobre Rodas , queremos informaros de unas charlas que se llevarán a cabo a lo largo de estos meses. Serán un complemento de los cursos que ya habíamos impartido anteriormente. La primera será:
HERNIA de DISCO CERVICAL Y LUMBAR Dia : 20 de Enero Disertante: Gabriela Naranjo Hora : 20:00 a 21:00h (aprox ) Lugar : Cafeteria Auditorio
Plazas limitadas. Para cualquier información pueden llamar al tlf 646287896
Directiva de Sobre Rodas
|
|
|
Enviado por Tono el Jueves, 12 enero a las 18:18:44 (14 Lecturas)
(Leer más... | 602 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Axencia de Protección da Legalidade Urbanística |
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
CÉDULA do
18 de agosto de 2011 pola que se notifica o acordo de incoación do
expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/42/2011, devolta
polo servizo de Correos por resultar o seu enderezo descoñecido.
|
|
|
Enviado por Tono el Martes, 10 enero a las 20:18:17 (158 Lecturas)
(Leer más... | 2261 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Sentenza |
A Xunta de Galicia terá que indemnizar coa suma de 18.518,26 euros aos
pais dun menor que resultou ferido ao esborrallarse o teito do colexio
Nicolás do Río de Cedeira en abril de 2004. Así se recolle nunha
sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na
que se establece que á cantidade antes mencionada seranlle de aplicación
os oportunos intereses legais e que tamén impón á Administración
autonómica o abono das costas procesuais, cifrado en 900 euros.
O presente fallo do TSXG é consecuencia dun accidente ocorrido o día 2
de abril de 2004, cando se esborrallou o falso teito dunha das aulas de
Educación Infantil do colexio Nicolás do Río, na vila de Cedeira.
|
|
|
Enviado por Tono el Jueves, 05 enero a las 10:51:09 (87 Lecturas)
(Leer más... | 3462 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | Concello de Cedeira - DOGA |
 Concello de Cedeira
ANUNCIO de información pública sobre actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental.
Solicitada neste concello por Manuel
Parente Noya, en representación de Ortegal Laboratory, S.L., licenza
municipal para a actividade de fabricación de dispositivos
cardiovasculares no parque empresarial da Trabe (parcelas 41-42),
Cedeira, o expediente de licenza da dita actividade está en tramitación.
En cumprimento co artigo 8.3 do Decreto
133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia
ambiental, procédese a abrir o período de información pública por un
plazo de 20 días hábiles desde a publicación deste anuncio no DOG, no
BOP e no taboleiro de anuncios do concello, para que quen se vexa
afectado de algún xeito pola actividade presente as alegacións que
considere pertinentes.
De conformidade co artigo 59.5 da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio
comunícaselles aos interesados aos cales non sexa posible notificar
persoalmente ou cando se ignore o lugar de notificación, que están
notificados para todos os efectos, e advírteselles do prazo de 20 días
hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste
anuncio, para alegar o que consideren oportuno.
O expediente obxecto desta información
poderase examinar no Servizo de Urbanismo e Arquitectura deste concello,
das 9.00 ás 14.00 horas.
Cedeira, 30 de novembro de 2011.
Alfredo Vilela Santalla Alcalde accidental
|
|
|
Enviado por Tono el Lunes, 02 enero a las 08:47:34 (44 Lecturas)
(Leer más... | 1898 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | Concello de Cedeira - DOGA |
|
|
Enviado por Tono el Viernes, 30 diciembre a las 12:07:18 (44 Lecturas)
(Leer más... | 391 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | Concello de Cedeira - BOP |
 Aprobación definitiva ordenanzas 2012
ANUNCIO
Adoptándose polo Concello Pleno, en sesión celebrada o 07 de novembro de 2011, o acordo de aprobación inicial, que foi exposto ao público no BOP de 09 de novembro de 2011, sen que produciran reclamacións durante o prazo de exposición pública.
En aplicación do previsto no artigo 17 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e do propio acordo plenario, ao non presentarse reclamacións contra o acordo de aprobación inicial a aprobación definitiva prodúcese de forma automática.
En cumprimento do previsto na lexislación vixente anunciase a modificación das seguintes ordenanzas, figurando anexos os textos íntegros das ordenanzas para a súa entrada en vigor.
- Modificación da Ordenanza Fiscal 1.3, reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
- Modificación da Ordenanza Fiscal 2.11 reguladora da taxa por prestación do servicio recollida de residuos
- Modificación da Ordenanza Fiscal 3.02 reguladora da taxa de vaos por entradas de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, e de carga e descarga de mercadorías de calquera clase
- Modificación da Ordenanza Fiscais reguladoras da taxa pola distribución de auga, incluídos os dereitos de enganche e da taxa pola prestación do servicio de rede de saneamento e tratamento e depuración de augas residuais
Cedeira, 20 de decembro de 2011
O Alcalde, Leopoldo Rubido Ramonde
|
|
|
Enviado por Tono el Miércoles, 28 diciembre a las 12:22:53 (36 Lecturas)
(Leer más... | 1796 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | Consellería do Mar - 8 millóns de euros |
A Consellería do Mar destina 8.000.000 de euros á paralización
definitiva dos buques pesqueiros para o ano 2012, dando cumprimento a
unha política que establece a Unión Europea. O Diario Oficial de Galicia
publica hoxe estas axudas, que teñen como finalidade axeitar a
capacidade pesqueira da frota aos recursos mariños mediante a redución
do esforzo pesqueiro.
Deste xeito, o departamento que dirixe Rosa
Quintana pretende lograr un equilibrio sustentable que asegure que a
pesca siga a ser unha actividade de desenvolvemento económico para a
nosa comunidade.O importe destas axudas será cofinanciado polo
Fondo Europeo da Pesca e poderán optar a elas os propietarios de buques
dados de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma e
no Censo da Flota Pesqueira Operativa así como as embarcacións incluídas
nun plan de axuste do esforzo pesqueiro. A embarcación debe ter unha
antigüidade mínima de 10 anos e os interesados en solicitar as axudas
terán prazo para facelo ata o 31 de xaneiro de 2012.
|
|
|
Enviado por Tono el Lunes, 26 diciembre a las 18:58:26 (32 Lecturas)
(Leer más... | 1918 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Accidente de tráfico |
Un mozo perdeu a vida esta noite nun accidente de tráfico ocorrido no
termo municipal de Cedeira, na Coruña, segundo informou a Garda Civil de
Tráfico. Esta é a segunda vítima mortal nas estradas galegas durante
este fin de semana de Nadal, tras o accidente mortal ocorrido onte en
Vilagarcía no que se viron implicados tres vehículos.
O sinistro rexistrouse ás 21.50 horas no quilómetro 38,7 da AC-566, en
Cedeira. A vítima, G. B., de 23 anos e veciño da localidade, saíuse da
vía co seu turismo e acabou chocando contra un muro de formigón do peche
dunha vivenda.
|
|
|
Enviado por Tono el Domingo, 25 diciembre a las 11:50:26 (129 Lecturas)
(Leer más... | 627 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | Concello de Cedeira - BOP |
|
|
Enviado por Tono el Jueves, 22 diciembre a las 11:51:03 (46 Lecturas)
(Leer más... | 241 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | Rubido : Fusión de concellos |
Dentro do debate sobre a necesidade de fusionar Concellos aberto pola
Deputación da Coruña, o alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, expón unha
posibilidade, a de fusionar a súa Concello cos municipios limítrofes de
Cerdido e Valdoviño. «Estamos a favor da fusión de Concellos, pero
sempre respectando que sexa voluntaria», puntualiza Rubido.
Dos municipios mencionados, Cedeira posúe o maior número de habitantes.
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, 7.412. Valdoviño,
pola súa banda, posúe ao redor de catrocentos habitantes menos. O máis
pequeno é Cerdido, con 1.361 veciños. «Antes da reforma de Burgos en
1836, Cedeira tiña catorce parroquias, hoxe só quedan sete. Aquí temos
os servizos e instalacións para ser a cabeceira dun Concello moito
maior», apunta o primeiro edil. Ser máis grande, sinala o rexedor
cedeirense, ofrecería aos municipios algunhas vantaxes como compartir
servizos e aproveitar os que xa se dispón.
|
|
|
Enviado por Tono el Miércoles, 21 diciembre a las 11:39:32 (64 Lecturas)
(Leer más... | 3148 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
|
|
 | Concello de Cedeira - BOP |
Nomeamento de funcionario de carreira
ANUNCIO
En cumprimento do disposto no art. 25.2 do Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e o art. 134.2 del R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, faise público que, como resultado do proceso selectivo celebrado para prover dúas prazas de policía local do Concello de Cedeira, incluídas na oferta de emprego público do exercicio 2010, foi nomeado funcionario de carreira don Pablo Viñas Arias, con DNI ** *** *** - *, por resolución da Alcaldía núm. 691, do 25 de novembro de 2011.
Cedeira, 12 de decembro de 2011.
O alcalde
Asdo.: Leopoldo Rubido Ramonde
|
|
|
Enviado por Tono el Martes, 20 diciembre a las 12:20:23 (23 Lecturas)
(Leer más... | 777 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | Concello de Cedeira - BOP |
 ANUNCIO
EMPRAZAMENTO PROCEDEMENTO ABREVIADO 291/2011.
Faise público para os efectos previstos no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, de xurisdicción contencioso-administrativa, e artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo n. 1 de Ferrol, D. Francisco Javier Fernández Muiño interpuxo recurso contencioso-administrativo contra Concello de Cedeira, sobre DENEGACIÓN DE HORAS EXTRA.
Polo exposto emprázase a todo o que fose interesado no procedemento para que poida comparecer e persoarse no prazo de nove (9) días anto o Xulgado do Contencioso-Administrativo n. 1 de Ferrol, rúa Coruña, nº 55, 2ª planta, 15402, Ferrol.
Cedeira, 7 de decembro de 2011
O Alcalde
Leopoldo Rubido Ramonde
|
|
|
Enviado por Tono el Lunes, 19 diciembre a las 11:17:21 (46 Lecturas)
(Leer más... | 910 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
|
|
 | La belleza |

Enemigo de la guerra y su reverso, la medalla no propuse otra batalla que librar al corazón de ponerse cuerpo a tierra bajo el paso de una historia que iba a alzar hasta la gloria el poder de la razón y ahora que ya no hay trincheras el combate es la escalera y el que trepe a lo mas alto pondrá a salvo su cabeza Aunque se hunda en el asfalto la belleza...
Míralos, como reptiles, al acecho de la presa, negociando en cada mesa maquillajes de ocasión; siguen todos los raíles que conduzcan a la cumbre, locos por que nos deslumbre su parásita ambición. Antes iban de profetas y ahora el éxito es su meta; mercaderes, traficantes, mas que nausea dan tristeza, no rozaron ni un instante la belleza...
Y me hablaron de futuros fraternales, solidarios, donde todo lo falsario acabaría en el pilón. Y ahora que se cae el muro ya no somos tan iguales, tanto vendes, tanto vales, ¡viva la revolución! Reivindico el espejismo de intentar ser uno mismo, ese viaje hacia la nada que consiste en la certeza de encontrar en tu mirada la belleza…
|
|
|
Enviado por Tono el Jueves, 15 diciembre a las 19:34:08 (86 Lecturas)
(Leer más... | 1386 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
|
|
|  |
| Encuesta |  |
| Entrar |  |
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre. | |
| Noticia Destacada |  |
|
Hoy aún no hay una Gran Noticia. | |
| Noticias Anteriores |  |
| Miércoles, 14 diciembre | | · | Concello de Cedeira - BOP |
| Martes, 13 diciembre | | · | Vilancico mariñeiro - De X.A. Suárez Aneiros |
| · | XIV Festival de Panxoliñas de Nadal |
| Lunes, 12 diciembre | | · | Asociación Dep. Cult. Mariña Axexo - CEDEIRA |
| · | Concello de Cedeira - BOP |
| Lunes, 05 diciembre | | · | CORAL EIXIL |
| Viernes, 02 diciembre | | · | Concello de Cedeira - BOP |
| Jueves, 01 diciembre | | · | Concello de Cedeira . Axenda cultural |
| Miércoles, 30 noviembre | | · | Absolto dun delito de atentado a funcionario (II) |
| · | Centro de Linguas - UDC Ferrol |
| · | Concello de Cedeira - POS |
| Viernes, 25 noviembre | | · | Absolto dun delito de atentado a funcionario |
| Jueves, 24 noviembre | | · | Concello de Cedeira - D.X. Turismo |
| Martes, 22 noviembre | | · | Concello de Cedeira . Axenda cultural |
| · | Asociación de Discapacitados " Sobre Rodas " - CEDEIRA |
| Domingo, 20 noviembre | | · | Concello de Cedeira - Xerais 2011 - resultados |
| Sábado, 19 noviembre | | · | Concello de Cedeira - + + + + + |
| Viernes, 18 noviembre | | · | Agrupación de Esquerda Unida de Cedeira |
| Jueves, 17 noviembre | | · | Concello de Cedeira . Axenda cultural |
| Miércoles, 16 noviembre | | · | CONTRA OS ATAQUES DA DEREITA - PSdeG-PSOE CEDEIRA |
| · | Concello de Cedeira - RUTA |
| Martes, 15 noviembre | | · | Socialistas de Cedeira - PSdeG-PSOE - MITIN |
| Lunes, 14 noviembre | | · | DESCONCERTADOS . Por Diego R. Piñón |
| · | Concello de Cedeira - Emprego municipal |
| Viernes, 11 noviembre | | · | Agrupación Socialista de Cedeira |
| · | Agrupación Socialista de Cedeira |
| · | Cando a imaxinación está chea de cores |
| Jueves, 10 noviembre | | · | Esquerda Unida de Cedeira - MITIN |
| Miércoles, 09 noviembre | | · | Concello de Cedeira . Axenda cultural |
| · | Concello de Cedeira - BOP |
Artículos Anteriores
| |
| 
|