Jane Danko expón durante o mes de marzo en Madrid, dentro das Xornadas Antirracistas 2010 que organiza SOS Racismo en torno á data na que a ONU fixa o día de loita contra a xenofobia ( 21 de marzo ).
A artista estadounidense, afincada en Cedeira, participa nunha mostra colectiva no Centro de Participación e Integración Hispano-Marroquí, en Lavapies. Presenta a obra "Conexiones ; debajo de la piel todos somos iguales", na que dá conta do seu dominio da técnica mixta, combinando collage, relevo e pintura sobre lenzo, e aportando a viveza nas cores e a imaxinación que caracteriza o seu traballo.
Danko reaparece con esta exposición, logo dun longo período de recuperación e rehabilitación, despois da forte caída que sufríu no ano 2008.
Esta creadora expuxo ó longo da súa carreira na Casa de Galicia en Madrid, no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, na galería do Centro Internacional da Estampa Contemporánea, no Museo Rexional de Patzcuaro ( México ), nas Conferencias de Nacións Unidas en Nairobi ( Kenia ) e Beijing (China ) e tamén en Nova York, no Alternative Museum, e no New York Feminist Art Institute. A súa presenza é tamén habitual en galerías, museos e salas de exposición de concellos e de universidades.
"Conexiones: debajo de la piel todos somos iguales"
Técnica mixta sobre lienzo
© Jane Danko
© 2010 Diario de Ferrol
Link: DFONLine