|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 53 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O cidadán tamén lexisla |
A web do Parlamento ofrece a posibilidade de opinar e enviar suxestións
para os textos legais que se están abordando .Actualmente pódense
mandar comentarios á reforma aberta da Lei do Só.
A redacción de leis xa non é competencia exclusiva dos parlamentarios. A páxina web da Cámara
galega ofrece a posibilidade a calquera cidadán de enviar as súas propostas para os textos que se
están abordando nese momento. Aínda que o servizo en liña leva máis dun ano funcionando, ata agora
non foron moitos os que se animaron a enviar as súas iniciativas. O Parlamento espera lograr darlle
a volta a esta situación e animar á participación cidadá. De momento, os galegos prefiren acudir á
vía ordinaria -mediante o rexistro da Cámara- que á posibilidade aberta na sección "Lexisla
connosco" da páxina web. Tras a recepción das propostas, o Parlamento comprométese a trasladar os
comentarios dos cidadáns para que sexan tidos en conta á hora de elaborar ou modificar as leis.
Iniciativas abertas
Actualmente a Cámara autonómica mantén sete iniciativas lexislativas abertas neste momento. A
reforma da Lei do Só de 2002 é unha delas. Desde a Cámara animábase onte a cidadáns descontentos
con algún punto da actual lexislación a explicar cales son os seus problemas e enviar as súas
propostas de modificación. Pero hai máis textos de interese xeral que están abertos á participación
cidadá. A web recolle o proxecto en pdf e a posibilidade de enviar comentarios. Actualmente están
colgados: a proposición de lei de iniciativa popular para a creación e regulación da área
metropolitana de Vigo; a de fomento do sector naval; a que regula unha rede de apoio á muller
embarazada; a de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña; a proposición de lei de
bibliotecas; ou a proposición de lei de modificación sobre a racionalización do réxime das
diputacións provinciais.
COMO FACELO? Participación
Para poder enviar propostas e comentarios ás iniciativas lexislativas hai que entrar na web
www.parlamentodegalicia.es e clicar no
epígrafe de Participación Cidadá .
Link: EIDOLOCALONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"O cidadán tamén lexisla" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|