AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A Area - Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL)

PHP-NukeO Concello de Cedeira aprobou no último pleno municipal as obras que se farán con cargo á segunda anualidade do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL). Así, tal e como confirmou onte o alcalde da vila, José Luís Vergara, nesta ocasión, do mesmo xeito que se fixo coa primeira partida, acordouse acometer unha obra importante en lugar de moitas interveciones de menor envergadura. "Administrativamente é menos complicada esta opción", explicou Vergara.

Deste xeito, investiranse os 600.000 euros que lle corresponden á vila cedeirense en só dúas intervencións: completar a rehabilitación do casco antigo e acometer a mellora do núcleo poboacional da Area. Trátase dun barrio que se sitúa nas inmediacións da estrada de Ortigueira, que foi ?tradicionalmente desatendido?, tal e como especificou o alcalde. Este núcleo poboacional, no que viven sobre todo persoas maiores, construíuse sobre unha zona arenosa, de aí o seu nome, que dificultou o seu crecemento así como o asentamento de novas vivendas, o que deribó na súa actual situación de abandono.

Do mesmo xeito que na zona vella dotarase á zona da Area de separación de pluviais e fecais, arrombaranse as estreitas callejuelas do lugar para mellorar a actual imaxe que lle confire un aspecto ruinoso. Ademais do sistema de rede de sumidoiros, dotarase á zona de conexións que faciliten o acceso ás novas tecnoloxías e soterraranse as liñas eléctricas nas cruces.

Xa con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación, o goberno local aprobou acometer a rehabilitación dunha fonte e lavadoiro que se atopan na zona. ?Trátase dun núcleo tradicional que debe recuperar parte do seu esplendor?, apuntou Vergara, quen asegurou que a maioría dos seus habitantes son xente labradora ou que vive do mar.

Zona vella > En canto á primeira fase de rehabilitación da zona vella, que se está acometendo coa primeira anualidade do Plan E, dun millón de euros, o goberno municipal ha debido solicitar unha prórroga de dous meses para culminar os traballos que, como se lembrará, deberían finalizar a finais de 2009 -aínda que o Goberno xa prevía posibles atrasos-.

José Luís Vergara explicou que xa só restan pequenos flocos para concluír a intervención, entre os que citou reparar aqueles danos ocasionados durante as obras, e finalizar a rehabilitación da rúa Ferrol e a conexión desta coa vía Fernando Lago. Posteriormente, os traballos deberán pasar o pertinente control de calidade.



Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A Area - Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL)" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos