|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 74 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A Xunta aproba as medidas de xestión que imperarán na reserva mari |
A Consellería do Mar, a través da
Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, vén de
aprobar as medidas de xestión para o ámbito da reserva mariña
cedeiresa. O docmento, que conta co preceptivo informe favorable do
órgano de xestión, seguimento e control da área, busca preservar e
rexenerar os recursos pesqueiros, tal e como lembran desde a Xunta de
Galicia.
O Decreto 28/2009, do 29 de xaneiro, polo que se creou a
reserva definiu os elementos esenciais que determinan o funcionamento
da mesma como unha ferramenta de xestión dos recursos. O texto,
aprobouno a Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos
Mariños, e marca as normas de uso e xestión do espazo. Talas prácticas
quedarán reguladas no Plan de Xestión Integral que, tal e como
establece o artigo 7° do referido decreto, deberá ser aprobado pola
Consellería do Mar no prazo máximo de 18 meses contados a partir da
entrada en vigor do docmento legal.
No texto tamén se establece que poderán
faenar no ámbito da reserva as embarcacións profesionais (cun arqueo
inferior aos 1,5 GT, salvo excepcións) coas artes e aparellos
tradicionalmente empregados na zona, excepto o enmalle, que non está
autorizado dentro da área protexida denominada ZEP II (Zona de Especial
Protección).
O equipo de seguimento científico advertiu que a
actividade pesqueira con artes de enmalle dentro deste espazo “pode ter
efectos negativos polo seu alto valor ecolóxico, a súa importancia como
corredor migratorio de especies de interese pesqueiro e pola súa
riqueza en canto a existencia de hábitas e comunidades biolóxicas
importantes.
Tamaño das capturas
Como é lóxico,
dentro da reserva mariña o tamaño das especies será maior que noutras
zonas debido á propia natureza deste espazo protexido. Así, segundo as
medidas de xestión aprobadas pola Xunta, a talla mínima da nécora será
de 6 centímetros, sendo a cota máxima da captura de 8 quilos por
tripulante a bordo e día e outros tantos quilos por embarcacións ao
día. Non está autorizada á captura de nécora na zona coñecida como “A
Zanqueira”, por ser un lugar importante para a cría.
En canto ao polbo,
que se pode pescar en toda a reserva salvo nas zonas ZEP e no espazo
portuario, o peso mínimo no ámbito da reserva é de 1,5 quilos. O
camarón, pódese coller no mesmo ámbito que o polbo, sendo a talla
mínima de 3 centrímetros.
A xiba ou choco, que se obtén coa arte do
trasmallo, deberá ter un tamaño superior a 8 cm, permitíndose ata 20
pezas por barco e outras 10 por tripulante e día. No caso dos peixes
planos (rodaballo, linguado e acedía), a arte autorizada é a mesma que
para a xiba, coas mesmas dimensións. Por outra banda, o tamaño mínimo
para a centola é de 14 centímetros.
A resolución establece que o tamaño
mínimo do congro sexa de 100 cm. (42 máis que os establecido no resto
da comunidade galega) e da maragota de 22.Tamén se limita o
horario para a pesca marítima de lecer en superficie, estando prohibido
dúas horas antes e despois da baixamar.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"A Xunta aproba as medidas de xestión que imperarán na reserva mari" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|