- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 70 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Hernández exclúe a Ferrol, Cedeira e Valdoviño

PHP-NukeO conselleiro Hernández reuniuse cos responsables municipais despois de que eles mesmos acordasen en Cerdido solicitar o encontro. Querían tratar directamente con el a data lanzada pola Xunta, pero a convocatoria para a reunión que recibiron os rexedores excluía a tres, o de Ferrol, Cedeira e Valdoviño, todos presentes na reunión na que se decidiu reclamar un encontro co responsable autonómico.
Foi un detalle que sorprendeu á maioría de convocados, quen pouco antes de iniciarse a reunión mostraban a súa perplexidade ante a exclusión de tres dos municipios implicados no proxecto.


© 2009 - La Voz de Galicia

José Luis Vergara, alcalde de Cedeira, decidiu non quedar á marxe do encontro e tras a rolda de prensa do conselleiro celebrou a súa propia nunha cafetería arroupado polos rexedores de Cariño , San Sadurniño e Viveiro. «Que vou esperar», dixo, «dun goberno que di que Campo do Hospital non pertence ao Concello de Cedeira?». E para mostra, un botón. Un coche da Policía Local controlaba pola mañá o tráfico na estrada cara a Ortigueira á altura dese lugar. Aínda así, dixo, «¿seica o corredor pasará polo Concello de Cariño ?», cuxo alcalde si foi convocado.




Pola súa banda, Vicente Irisarri, rexedor de Ferrol, explicou que o que realmente lle preocupa son os prazos e o trazado final do corredor, «iso é o esencial para os cidadáns, non quen a foi ou non invitado á reunión co conselleiro». Aínda que recoñeceu que o xesto «é unha descortesía, carece de importancia». Irisarri apuntou sobre o anuncio da Xunta de que o anterior Goberno deixou ata tres tramos suspendidos que «non é bo buscar culpables, o que hai que facer é traballar». Insistiu en que a vía «podería estar terminada no 2013, é imprescindible concluír a obra». Outra cousa é, dixo, que non se considere unha prioridade», comentou o rexedor ferrolán.

Os alcaldes dos municipios que vertebrará a futura vía volverán reunirse o día 11 en San Sadurniño para analizar os prazos anunciados por Agustín Hernández e a suspensión dos tramos que, segundo o conselleiro, deixou o anterior Goberno da Xunta.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Hernández exclúe a Ferrol, Cedeira e Valdoviño" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos