NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 38 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O Bloque discute a data de elección do candidato

PHP-NukeO BNG prepara o novo curso político baixo a prioridade de ofrecer tanto no parlamento e nas institucións como na rúa e dentro dos que denomina “movementos populares” –non necesariamente nesa orde– unha alternativa contra as políticas da Xunta que preside Núñez Feijóo, con especial atención aos asuntos que teñan que ver coa lingua e a cultura, así como a conservación do territorio e todo aquilo relacionado cos sectores afectados pola crise económica. Pero, no plano interno, os nacionalistas tamén teñen na cabeza a súa propia folla de ruta cara ás seguintes citas electorais e o propio futuro da formación a todos os niveis, terreo no que o debate tamén é intenso e con menos puntos en común respecto a cuestións decisivas como, por exemplo, a data da vindeira asemblea na que se dea a coñecer a identidade do candidato do Bloque ás eleccións autonómicas previstas para 2013. No fondo, unha loita polo liderado que non acabaou pechada tras o cónclave extraordinario do pasado 10 de maio, no que Guillerme Vázquez converteuse no novo voceiro nacional da organización.

Malia existir unha aposta común pola unidade externa sobre todo á hora de facer fronte ao Goberno de Feijóo, existen diverxencias á hora de pechar a data de elección do próximo candidato á Xunta. Posto que non semella nada claro que a aposta nese sentido sexa polo actual líder, centrado agora na reubicación ideolóxica e anímica do BNG tras a perda das eleccións e na visibilidade do discurso opositor, son varios os sectores que pensan que 2010 debería ser o ano en que se decidise do cartel, algo que outros prefiren deixar no aire ata, como pronto, o segundo semestre de 2011, unha vez que os resultados das eleccións municipais deixen máis despexado o panorama. Os partidarios desta última idea atópanse en torno á actual corrente maioritaria na Executiva da formación, a UPG que lidera Francisco Rodríguez" e que impulsou a Vázquez como voceiro malia que o concelleiro pontevedrés non pertence a ese partido. Cren que as necesidades actuais do Bloque camiñan por outros vieiros e prefiren deixar pasar un periodo de dous anos para “incidir na recomposición iniciada tras a última asemblea”. Unha intención totalmente oposto é a que defenden os grupos reunidos arredor da corrente Máis BNG, que cren que é necesario manter un contacto clarificado e constante coa sociedade sen pecharse “en procesos limitados”. “O país non vai pasar dous anos esperando por nós, así que temos que facerlle propostas a todos os niveis e mediados de 2010 sería o momento axeitado para ofrecerlle xa un candidato”.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"O Bloque discute a data de elección do candidato" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos