AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Polo menos o seu mesma formación

PHP-NukeA agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cedeira, na vila desde o ano 2000 e integrada actualmente por unhas corenta persoas, ten entre os seus obxectivos que os membros do Grumir (GrupoMunicipal de Intervención Rápida) teñan unha boa formación.

A localidade conta cunha destas cuadrillas, formada por tres persoas, desde o pasado mes de xullo. Tres persoas procedentes das listas do paro foron sometidas a unha proba teórica e outra práctica, segundo explica Alberto Díaz, xefe de Protección Civil de Cedeira.


O seu obxectivo é que «polo menos teñan a mesma formación que nós, que somos voluntarios e non cobramos. Contamos con varios cursos de formación e experiencia, e eles, que si cobran, deben estar, polo menos, igual de formados que nós. Non estamos en contra de que se forme un Grumir en Cedeira, pero teñen que ser profesionais».

Así llo trasladou a agrupación ao alcalde nunha reunión mantida no mes de xullo. El equipo de goberno «entendeu os nosos argumentos e asegurounos que así o farían». Ademais, o Concello comprometeuse a estudar a posibilidade de axudar economicamente a membros destacados de Protección Civil na adquisición do carné para conducir vehículos de urxencia.

El Concello di que o fixo

Pola súa banda, o rexedor de Cedeira, José Luis Vergara, asegurou onte que o Concello «sempre apostou por solicitar aos futuros membros do Grumir toda a formación necesaria porque é o que temos que facer e así o fixemos desde o principio». Neste sentido, asegura o rexedor, «gustoume moito coincidir co xefe de Protección Civil na necesidade de que o Grumir estea ben formado».

Díaz asegura que o traballo que están desenvolvendo estes profesionais desde xullo, que permanecerán na vila ata decembro, «é moi bo, están abrindo camiños aínda afectados polo temporal de xaneiro».

Máis de cen servizos

Quen integran o servizo de Protección Civil realizaron o pasado ano 102 servizos. No que vai de ano contabilizan 82 saídas, polo que «ao final do ano superariamos a cifra do curso anterior», comenta o xefe da agrupación. Ocupa o posto desde o 2000, cando naceu Protección Civil na vila. Naquel momento estaba integrada por seis persoas. Desde entón, a maioría dos seus servizos responden ás solicitudes do 112.


Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Polo menos o seu mesma formación" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.26 Segundos