|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 31 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A lucida poesía de Cohen deslizouse por Castrelos |
Cantos compositores hai capaces de armar catro clásicos como 'Suzanne',
'Sisters of Mercy', 'So long, Marianne e Hey', 'That’s No Way to Say
Goodbye' no seu debut? Cales, catro décadas despois daquel Songs of Leonard Cohen
(1967), axeonllan o seu talento inmenso para presentar os seus músicos,
un a un, co chapeu na man? Cales, entre todos os que pasarían este
cribo, resisten aínda con humildade e elegancia unha travesía de case
tres horas sobre o escenario? A resposta, mentres se interrogan outros
sospeitosos, segue a ser doada: ese canadense de traxe escuro que onte
puxo en pé a 25.000 persoas, talvez máis, talvez moitas menos, no
parque de Castrelos.
© X.O.L. Leonard Norman Cohen tomou onte Vigo como se fose o Berlín de ‘First We
Take Manhattan’. A piques de cmprir os 75 anos –celebraraos, seguro, o
vindeiro 21 de setembro en Barcelona–, o de Montreal encheu o maior
auditorio natural de Galicia co máis selecto da súa discografía. A voz
engordoulle porque acubilla máis tesouros aínda ca nos anos sesenta,
cando publicou os seus primeiros poemas en Canadá e decidiu facer
cancións da outra beira da súa propia raia. Todo o contrario que a súa
delgadísima silueta, fráxil pero esguía, que ameaza con disolverse na
curva dun retrouso. O resto, segue intacto.
Non é que Live in London sexa a base do seu repertorio. É
que esa gravación ao vivo, de marzo deste ano, condensa a filosofía
desta xira redentora –estaba arruínado antes de empezar a facturar de
novo como un partisano, con eficacia e sacrificio– que dura xa dous
anos. Os que o foron ver a Lisboa o verán pasado sabían o que ía
acontecer logo de que Cohen entrase no escenario e abrise a caixa de
pandora cos coros de ‘Dance Me to the End of Love’. O resto, en
realidade, tamén. Imaxinárano así durante moitos anos.
Fóra do deostado Death of a Ladies’ Man (1977) que deixara
en mans de Phil Spector, non hai case ningún dos seus discos de estudio
que non recorde o pai de Lorca –a súa filla ten nome de homenaxe e de
poeta–. Do último, Dear Heather (2004), ao primeiro, aquel Songs of Leonard Cohen
(1967), coma quen sabe ler nas mans do público, o canadense vai
apañando das leiras que traballou durante corenta anos os froitos máis
redondos. Recupera ‘Bird On Wire’ de Songs For A Room (1969) e’If It Be Your Will’ de Various Postions (1984). Petisca en New Skin for the Old Ceremony, onde puxera ‘Who By Fire’ en 1974, e no seguinte, Recent Songs (1979), con ‘The Gypsy’s Wife’. E xaora, volve sobre os seus pasos máis accesíbeis, os de I’m Yor Man (1988) e The Future (1992), cunha *****prida presa de standards, do ‘Pequeno vals vienés’ de Lorca –‘Take This Waltz’– ao modernísimo ‘Democracy’.
Arroupado por nove músicos –Sharon Robertson e as Webb Sisters,
ademais dos coros, tocan, bailan e fan pinchacarneiros–, o de Montreal
repintou os seus éxitos cun verniz de cámara: unha man de blues, outra
de jazz, dúas de virtuosismo. Preciosista, preciso, impecábel –tamén
predicíbel–, o seu “pequeño ensemble”, como lle chamou o bardo,
convenceu a Castrelos. Escoitàndoos, parece fácil ser Leonard Cohen.
Hai quen se acorda de Jeff Buckley cando identifica o limiar de
‘Hallelujah’ e quen invoca a Morente e Lagartija Nick para mellor gozar
de ‘First We Take Manhattan’. Sempre houbo quen preferiu ao Cohen
compositor nas voces e nas partituras doutros. Logo de sentilo recitar
ao vivo ‘Anthem’, é moi difícil seguir nos mesmos trece. “Ring the
bells that still can ring. Forget the perfect offering. There is a
crack in everything. That’s how the light gets in”, bísballe ao
universo antes de que empece a soar o himno. Non hai apostasía que o
cure a un de semellante emoción. Link: XONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"A lucida poesía de Cohen deslizouse por Castrelos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|