- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 43 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A CIG acusa a Correos de practicar o “enchufismo” nas contratacións

PHP-NukeA CIG vén de reclamar publicamente nun comunicado que a empresa pública Correos está a practicar o “enchufismo” na contratación de persoal eventual para cubrir as vacacións de verán. Segundo a central, dos 94 contratos que se fixeron en xullo nas tres comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, 43 asináronse sen acudir ás listas pertinentes.

O sindicato reclama que se abran as listas de contratación de Correos “para que os cidadáns que o desexen poidan anotarse”, así como que a empresa tire delas para cubrir as vacantes. A CIG mantén que “fai máis de tres anos da última vez que se abriron as listas de contratación en Correos, polo que moitas delas resultan insuficientes”, e que a dirección négase a facelo polo “negocio” que representan “as súas redes clientelares”. O comunicado sinala, tamén, que a entrada cun contrato eventual é a única maneira de acceder á consolidación do emprego dentro de Correos.

Emprego con “padriños”
“Dentro das listas os contratos de maior duración adoitan ir a parar a traballadores con padriño, posto que moitos dos xefes preparan estes contratos para facelos cadrar con quen eles queren”, di o comunicado do responsable comarcal de Correos da CIG, Xesús Carlos do Río, que tamén advirte das situacións conflitivas que esta realidade está a crear entre os empregados dalgunhas oficinas, “posto que a discriminación que se dá nos contratos esténdese ó propio traballo diario”.

A CIG asegura que o problema está a producir “efectos devastadores” na calidade do servicio postal, así como un agravio comparativo para os cidadáns que necesitan emprego. “A desregulación da contratación e a súa falta de transparencia xamais chegou a semellantes extremos como con este Goberno do PSOE”, remata a central

 Link: DFONLIne



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"A CIG acusa a Correos de practicar o “enchufismo” nas contratacións" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos