|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O fiscal pide 28 meses de prisión |
O representante do Ministerio Fiscal elevou onte a definitivas as súas
conclusións provisionais para pedir 28 meses de prisión contra Xesús
Anxo López Pintos, o secretario comarcal da CIG, por uns incidentes
marisqueiros ocorridos no verán do 2001 en Mugardos. Durante a terceira
e última sesión da vista oral, celebrada onte no Xulgado do Penal
número 2 de Ferrol, o fiscal considerou probado que Pintos, durante o
enfrontamento entre dous sectores da Confraría de Pescadores de
Mugardos, golpeou cunha pedra a uns dos axentes da policía autonómica
que interviñeron para pór calma. Como consecuencia da agresión, engade,
o axente resultou con feridas que precisaron varios puntos de sutura.
® 2009 La Voz de Galicia
A defensa considerou que non quedara acreditado este feito, de acordo
coa versión que ofreceron as numerosas mariscadoras que declararon como
testemuñas en favor do acusado, e por iso pediu a absolución. As
acusación particular exercida por varios dos axentes policiais
incrementa a petición de condena a Pintos ata cinco anos de prisión. á
súa vez, un grupo de mariscadoras exerceu a acusación particular en
contra de varios dos axentes autonómicos, pedindo tamén a súa condena.
Os incidentes marisqueiros de setembro do 2001 tiñan como pano de fondo
un conflito no seo da confraría. Un sector das mariscadoras, que
protagonizou un longo peche no depósito, demandaba a dimisión da patroa
maior, cousa que conseguirían ao cabo. Quen a apoiaban eran as que
acudiron a mariscar o día de autos. O grupo contrario á patroa
pretendía impedir que o fixesen, e no medio situáronse os efectivos
policiais que cargaron con dureza para pór orde.
Link: VONLIne
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"O fiscal pide 28 meses de prisión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|