AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 76 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Obras de renovación da zona vella nunha semana

PHP-NukeO día de onte foi, para o alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, un día «moi especial». E dicíao apenas uns segundos logo de plasmar a súa firma no docmento que recolle os detalles dun dos proxectos máis ambiciosos aos que se enfronta a vila nos últimos anos: a renovación da zona vella.
á rúbrica de onte seguiralle outra firma, a do acta de reformulo. Será o vindeiro venres, 15 de maio. Será entón cando comecen unhas obras que apoiará un orzamento de case un millón de euros.
 A partir da próxima semana, a unión temporal de empresas (UTE) integrada por Vivendas e Obras Civís e Lancer Proxectos e Obras realizarán, en palabras do alcalde da localidade, «unha renovación do centro de Cedeira por arriba e por abaixo». E é que o proxecto, apoiado polo Fondo Estatal de Investimento Local, inclúe a preinstalación da rede de gas cidade, «que chegará á cidade nun prazo aproximado de cinco anos», explicaba onte o rexedor cedeirense, quen comentou que se trata dunha das «actuacións máis importantes do proxecto».

A apertura das rúas tamén se aproveitará para que Unión Fenosa poida realizar a preinstalación do futuro soterramento do tendido eléctrico, actualmente aéreo e causante «do feísmo de moitas zonas vellas», aclara o alcalde da localidade. Tamén se contempla separar a canalización de augas pluviais e fecais, unha acción que evitará as inundacións e filtracións que se producen cando caen fortes precipitacións. Ademais, aos particulares que conten con traída privada, con canalizacións de ferro e uralita, daráselles a posibilidade de proceder á súa renovación. Neste caso, o Concello farase cargo de abrir e pechar o firme. Tamén por arriba O Concello pretende deixar o subsolo de Cedeira «como unha patena», segundo o alcalde. Pero tamén actuarán na superficie. O actual formigón que simula lastro será substituído por placas de granito silvestre, un firme «máis cómodo e adecuado para o centro». Ademais, o Concello non descarta colocar na zona vella iluminación desde o chan, segundo adianta o rexedor de Cedeira. As obras, que se alargarán ata novembro, estarán a pleno rendemento durante os meses estivais, cando a localidade reciba miles de turistas. Sobre isto, José Luis Vergara indica que «son precisamente estes meses cando en Galicia resulta máis adecuado facer obras, pois o tempo acompaña. Ademais, ao formar parte do Fondo Estatal de Investimento Local, as obras deben concluír antes do 2010». En calquera caso, o rexedor asegura que xa enviou un escrito aos veciños do centro para «pedirlles perdón por adiantado polas molestias que poidan sufrir os próximos meses». Ademais, comprometeuse con eles a que «non cortaremos a auga máis de doce horas seguidas, pois na zona vella reside moita xente maior que necesita a auga». O Concello calcula que as obras darán emprego a 25 traballadores, a maioría de Cedeira posto que está previsto que a UTE «subcontrate a empresas locais», estima o rexedor. Senda peonil ata Areosa O próximo día 15 tamén comezará a construción da senda peonil de Cedeira a Areosa, igualmente con cargo ao fondo estatal. Neste caso, as obras correrán a cargo da empresa Proxecta e, cun orzamento de 180.000 euros, alargaranse durante tres meses e darán emprego a doce traballadores. Segundo detalla o alcalde, a actual vía contará cunha senda peonil lateral dun metro e medio de ancho. Doutra banda, o Concello aprobou o expediente de contratación das obras de pavimentación de varias pistas do municipio localizadas nas parroquias de Régoa, Piñeiro, Cedeira, Esteiro, Cervo e San Román. En total, traballarase en case dez quilómetros.
Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Obras de renovación da zona vella nunha semana" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos