Comunicado Concello de Cedeira
O Concello de Cedeira quere axudar a paliar a dramática situación en que se atopan os refuxiad@s sirios, colaborando na acollida dos mesmos na medida das súas posibilidades.
A carencia de instalacións públicas (ou case) como poden ser pavillóns ou pisos tutelados, non vai ser motivo para que deixemos de asumir as nosas responsabilidades e nos poñamos a mirar para outro lado, máxime cando xa hai particulares que se ofreceron para ceder temporalmente un piso e colaborar tamén na axuda alimentaria.
Somos conscientes que este voluntarismo por parte de moitos concellos non chega para solventar un problema que non fixo máis que comezar e que precisa coordinación e apoio desde instancias superiores - Xunta de Galicia -, tendo presente que estas persoas van necesitar tamén axuda sicolóxica, atención médica, escolarización para os seu fill@s, medios para superar a barreira idiomática,....
Ao final, isto non será máis que un parche en tanto que a comunidade internacional non sexa quen de parar a guerra e permitirlles regresar á súa patria.
Cedeira, a 14 de setembro de 2015
Fdo.- Goberno Galeguista de Progreso do Concello de Cedeira
© 2015 - Concello de Cedeira
Dcto. orixinal (PDF):
preme aquí
Link: Concello de Cedeira