Fernando Vázquez Vicepresidente de Exportadores
A Fernando Vázquez, Loito, o Muro vénlle de herdanza. «O meu pai
deixouse parte da súa vida nestes peiraos... e creo que continuamos
sendo tan competitivos ou máis que outrora», di
-Si, competitivos si, pero a merluza de Cedeira xa non se poxa aquí.
-A flota de Cedeira está no seu dereito de elixir o seu punto de venda.
Estamos nun libre mercado e cada armador vende onde mellor lle parece.
Aínda que creo que a medida forma parte dunha alternativa pasaxeira, de
rendibilizar unhas instalacións recentemente construídas. Dunha proba
piloto.
-Entón, aínda pode volver a merluza de Cedeira ao Muro?
-É a súa decisión e respectámola. Pero desde a comunidade pesquera do
peirao da Coruña temos claro que tratamos de recibir o mellor posible a
aqueles que queiran vender no Muro. E ademais, creemos que desde as
nosas instalacións podémoslle ofrecer os mellores servizos para que
tanto os armadores e marineros, como os compradores e o consumidor final
saian beneficiados.
-Cre que outras flotas, Corme, Laxe, Muxía ou Camelle poidan deixar de vender na lonxa da Coruña?
-Non, non barallamos esa posibilidade. Somos moi competitivos. Insisto,
tanto nos servizos que pode prestar Lonxa da Coruña como os prezos que
os compradores coruñeses podemos ofrecer somos un referente.
-Localismos?
-Iso é. O Muro é unha lonxa coñecida en toda España. Nesta praza
concéntranse os mellores exportadores e minoristas do sector pesquero.
Quen vai apostar mellor por as capturas do noso mar? Somos positivos, moi
positivos. Creemos nas nosas posibilidades e en toda a infraestructura
que nos ofrece Loxja da Coruña para continuar sendo un referente na
pesca.
© 2014 - La Voz de Galicia
Link: VONLine