- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 67 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - MAIORES

PHP-NukeAFAL Ferrolterra (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) levará a cabo talleres de estimulación cognitiva no novo Fogar do Pensionista de Cedeira, emprazado no Parque do Sagrado Corazón. Así o acordaron o portavoz do goberno municipal, Luis Rubido, e a presidenta da entidade, Milagros Prieto Gondell, nunha recente xuntanza. Para isto, o Concello cederá unha das salas do centro e a asociación porá os recursos humanos necesarios.

A iniciativa busca mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas de Alzheimer ou calquer outra demencia en grao leve ou moderado; realizar terapias no seu municipio de residencia (xa que na actualidade deben desprazarse á cidade de
Ferrol) e, por último, favorecer o respiro familiar dos seus coidadores. AFAL e Concello abren agora o prazo de preinscripción para que as persoas interesadas en participar nos talleres de estimulación cognitiva poidan anotarse. Para isto, teñen diferentes vías: no departamento municipal de Servizos Sociais do Concello; na sede de AFAL en Ferrol (r/Río
Castro, 45-45, baixo), ou chamando ao teléfono da asociación (981 37 06 92). Unha vez se reúna un número mínimo de participantes –os grupos estarían integrados por entre oito e dez persoas– iniciaríanse as sesións. Estas terían periodicidade semanal, en base á experiencia da intervención diaria que se leva a cabo nos Centros de Día que xestiona AFAL na cidade naval e impartiríanse dúas modalidades: dúas horas diarias tres días á semana ou ben dúas horas diarias dous días á semana. O custe da actividade é de 150 e 100 euros ao mes segundo a periodicidade. En todo caso, e co obxectivo de dar máis información sobre o programa, AFAL Ferrolterra ofrecerá sendas charlas abertas á cidadanía o próximo xoves, 19 de decembro, no Fogar do Pensionista, ás 17,30 e ás 19 horas.

Link: Concello de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - MAIORES" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos