|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 58 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| DINASTIA |
As sagas dinásticas non son alleas á política local nin exclusivas de
Ourense. O último exemplo está en Cedeira. Un Rubido sucederá a outro na
alcaldía da localidade coruñesa. A diferenza dos Baltar, pai e fillo,
os Rubido, Leopoldo e Luís, son irmáns. Fontes do PP galego dan por
feito que será este último, edil de Urbanismo e segundo tenente de
alcalde, quen releve ao seu irmán maior que onte dixo adeus ao bastón de
mando logo de prácticamente catro décadas de goberno e só dous
paréntesis obrigado polas urnas en 1999 e 2007. Graduado social e
profesor de Secundaria, Leopoldo Rubido Ramonde (Cedeira, 1942) aterrou
na alcaldía en 1973, nas postrimerías do franquismo e, morto o dictador,
levantou un monolito na súa memoria que inaugurou xa en democracia
outra figura do Réxime, Gonzalo Fernández da Moura, exministro de Obras
Públicas de Franco.
A loa monumental de Rubido a unha ditadura que xa había expirado levantou
moitas ampollas nunha vila marinera que albergou un sinistro campo de
concentración na praia da Magdalena onde chegaron a estar 724 presos
entre o outono do 37 e o verán do 38. Foron, sobre todo, republicanos
vascos, asturianos e galegos que eran apresados no Cantábrico cando
trataban de fuxir da Guerra Civil ocultos nos pesqueros e que foron
recluídos en tres lonxas de peixe xunto ao areal onde se lles perdeu a
pista para sempre a moitos nomes.
Leopoldo Rubido foi rexidor baixo as siglas de Coalición Democrática,
Alianza Popular e, finalmente, o PP. Gobernou Cedeira durante 32 anos
con dúas pausas. A primeira na lexislatura do 99, cando o derrotou un
alcalde do BNG, e outra vez en 2007, para deixar paso a un tripartito de
esquerdas encabezado polo socialista José Luís Vergara, ao que
reemplazou en mayo do 2011 recuperando para o PP a maioría absoluta.
Leopoldo era un dos alcaldes históricos do PP galego polo seu longevidad
no cargo, xunto ao rexidor das Somozas, Manuel Candocia, que encadena
34 anos de mandatos ininterrumpidos. Nos oitenta e noventa, simultaneou
cargos como rexidor, deputado provincial desde 1983 e senador pola
Coruña do 93 ao 2000.
O martes presentou a súa dimisión por escrito no rexistro local e o
xoves referendou a súa renuncia ao escano nun pleno extraordinario e
urxente. Con 71 anos, asegura que non se vai nin pola súa idade nin
por motivos de saúde senón para dar paso a novas caras que garantan a
estabilidade política do seu pobo natal. O xa exrexidor presumiu de
desempeñar o seu posto con "ilusión, austeridad, limpeza e eficacia" e
vaise, dixo, deixando un pobo "máis fermoso e máis xusto". Aínda que
evitou pronunciarse sobre o seu sucesor porque é un tema -dixo- que
compete ao partido, non é ningún segredo que o mellor colocado é o seu
propio irmán Luís, que ía de número tres na lista para os comicios
locais de maio do 2011 e ao que a cúpula do PP galego xa senta no sillón
de alcalde.
O PP cedeirés, con 7 dos 13 edís, elixirá ao seu próximo rexidor con
outro pleno extraordinario. Mentres, Alfredo Vilela, o número dous da
lista popular e primeiro tenente de alcalde, tomou temporalmente as
rendas dun consistorio ao que se incorpora Pilar Pérez, ocupando o
asento do Rubido máis veterano. Luís Rubido, avogado de profesión, irmán
do rexidor dimisionario e rexidor futurible, incorporouse á corporación
en 2004 e neste mandato levaba o peso da xestión local en Urbanismo,
Facenda, Desenvolvemento Local, Turismo e Cultura.
Outro irmán de ambos é
Bieito, director do diario 'ABC'.
Link: ELPaisONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"DINASTIA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|