|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 50 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Subvencións do Concello : " proceso escuro e caciquil" |
A ANPA Picapeixe, do CEIP Nicolás do Río, e a Asociación Cultural de
Discapacitados "Sobre Rodas" presentarán este luns sendas alegacións ao
orzamento municipal do Concello de Cedeira en referencia á repartición
de subvencións a asociacións socioculturais e deportivas.
Da asignación total de 55.000 euros, Picapeixe recibiu 400 euros, "sen
que se estableza motivación concreta e cuantificable non criterio de
repartición", segundo alegan. Peor sorte correu a asociación "Sobre
Rodas", á que non se lle concedeu ningunha cantidade, "a pesar de
cumprir cos criterios establecidos", uns criterios que se recollen nos
anexos, pero que, denuncian, non foron esixidos documentalmente a
ningunha das asociacións.
Ambas as organizacións demandan a existencia dun baremo público e xusto
que propicie a repartición igualitaria de devanditas subvencións, ao
considerar que vulneran varias normativas oficiais, entre elas a lei de
subvencións de Galicia do 2007, que establece a necesidade de coñecer os
obxectivos de cada concesión. Entenden que isto atenta contra os
principios básicos de "publicidade, transparencia, concorrencia,
obxectividade, igualdade e non discriminación" recollidos nela.
Ademais, esixen a eliminación das subvencións nominativas por fomentar
un "proceso escuro e caciquil" e avogan pola publicación dunhas bases
que posibiliten a "libre concorrencia como procedimento ordinario de
concesión". Máis aínda cando varias destas subvencións foron concedidas a "entidades de fóra de Cedeira que non están rexistradas como tal".
Este é o segundo ano que a ANPA Picapeixe presenta unha alegación por
este motivo e asegura que seguirá facéndoo en anos vindeiros mentres non
se cumpra cunha repartición xusta.
© 2012 Concello de Cedeira Dcto Listado de subvencións ( formato PDF ): preme aquí
Link: DFONLine . Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Subvencións do Concello : " proceso escuro e caciquil"" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|