|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 69 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O Goberno de Leopoldo non ve necesario un novo Centro de Saúde |
O Concello de Cedeira estuda a necesidade de construír o novo centro de
saúde da vila para o que o Estado consignou un investimento de 2,5
millóns de euros -financiada a partes iguais entre a administración
central, canalizando fondos europeos, e a autonómica- , en base ao
convenio entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura,
Alimentación e Medio Ambiente para a execución, seguimento e avaliación
das accións incluídas nos plans de zona rurais, levado a cabo o pasado 7
de maio.
"Non temos ningún proxecto de construción, nin tan sequera de que este
sexa realmente necesario. O que non descartamos é que se acometan
reparacións no actual", indicou onte o portavoz e primeiro tenente de
alcalde do Concello, Luís Rubido quen tamén aclarou que se trata dunha
formulación realizada polo anterior executivo local. Representantes do
grupo de goberno de Cedeira mantiveron onte un encontro coa delegada da
Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, para estudar a proposta.
O proxecto de construción dun novo centro de saúde para a vila naceu no
período 2007-2008 durante o mandato do socialista José Luís Vergara ante
a necesidade de que o PAC (Punto de Atención Continuada) contase con
novos servizos como o de rehabilitación e fisioterapia, entre outros,
para os que non hai espazo nas actuais instalacións. Unha necesidade que
no seu día ratificou a titular da Consellería de Sanidade, Pilar
Farjas. "Precisamente foi o Sergas o que optou pola nova construción
como solución máis vantaxosa economicamente fronte á modificación do
actua", sinalou o exalcalde, José Luís Vergara.
O Concello puxo entón a disposición da Xunta, encargada de facer fronte á
obra, dunha parcela no lugar do Beco, nas inmediacións do pavillón
polideportivo que contou co beneplácito do Sergas, tras o que solicitou á
administración local un estudo de detalle -a construción do mesmo xa
figuraba nos orzamentos galegos de 2010-. "Primeiro expómoslles a opción
de que de forma provisional trasladásense ao antigo edificio da
Confraría de Pescadores pero preferiron un emprazamento definitivo, por
iso é polo que buscásemos a localización do Beco", puntualizou Vergara
que se mostra máis partidario -tamén o fixo no seu día- de manter a
actual localización.
Emprazamento
Precisamente o cambio de localización das instalacións
é un dos inconvenientes que suscita o proxecto para o actual grupo de
goberno. "Haberá que preguntarlle á xente se queren que se lles traslade
o centro de saúde que actualmente goza dun emprazamento moi céntrico",
indicou Luís Rubido.
"Para os socialistas é un motivo de orgullo que tanto desde o local
como desde o estatal se desen os pasos certos grazas aos cales a Xunta
de Galicia e o Concello de Cedeira poden facer realidade este novo
centro de saúde", indicou José Luís Vergara. O socialista tamén sinalou
que agora toca pedirlle ao alcalde que confirme que este ano se van a
iniciar as obras e que comprobe que a Xunta consigna a súa porcentaxe
correspondente do financiamento -1.227.500 euros- para poder cumprir os
compromisos con Cedeira.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"O Goberno de Leopoldo non ve necesario un novo Centro de Saúde" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|