|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 56 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Accidente |
O servizo de urxencias do 112 despregou onte un amplo dispositivo para
buscar a un coche accidentado en Cedeira. Segundo indicaron fontes do
112, a propia condutora, de 42 anos que responde ás iniciais I.M.P.C.,
chamou alertando que estaba atrapada no seu coche ao caerse por unha
ladeira cando circulaba pola estrada cara a San Andrés de Teixido, aínda
que non sabía exactamente onde se atopaba. O vehículo esborrallouse ao
redor de 30 metros por un terraplén.
O suceso produciuse pasadas as sete da tarde. Segundo indicaron fontes
oficiais, o non coñecer a localización exacta e a zona montañosa onde se
atopaba dificultou a chegada dos servizos de urxencia que tardaron máis
dunha hora en atopala. Ata o lugar trasladouse a Garda Civil de
Tráfico, unha UVI móbil de Urxencias Médicas, Protección Civil, Policía
Local e unha patrulla do Grumir de Ortigueira. Ademais, barallouse a
posibilidade de mobilizar tamén ao helicóptero Pesca II aínda que
finalmente non foi trasladado por ser case de noite.
A pesar do aparatoso do accidente, os servizos de urxencia atoparon á
muller consciente e ferida aínda que, en principio, non revestía
gravidade. Foi necesaria a intervención do Grumir aínda que ao peche
do xornal La Voz de Galicia aínda non fora evacuada.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Accidente" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|