|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 37 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Praia da Madalena |
Os temporais do inverno pasaron factura ao areal da Magdalena, no
municipio de Cedeira. O bater das ondas sobre a praia orixinou a
presenza dun chanzo que, cunha altura de aproximadamente dous metros,
limita o acceso á mesma.
Tras unha recente visita ao municipio, os responsables da Demarcación de
Costas en Galicia comprometéronse a arranxar a situación e, desde o día
de onte, unha ducia de operarios, dous camións e tres máquinas
traballan en medidas paliativas para restablecer o uso público do areal.
A tarefa consiste en achandar a superficie da praia, de maneira que se
retira area daquelas zonas nas que se foi acumulando como consecuencia
da bravura do mar e deposítase nas que, pola contra, quedaron
desprotexidas.
© 2011 - Diario de Ferrol
Este proceso prolongarase por espazo de dúas semanas, tal e como
apuntaron distintas fontes. De ser así, o areal da Magdalena recuperaría
o seu habitual aspecto para a primeira escapada do ano, as vacacións de
Semana Santa. Neste sentido, cabe recordar que Cedeira, como outras
moitas localidades do litoral, convértese durante uns días en destino
turístico para aqueles que, por múltiples razóns, elixen a vila para
pasar uns días de descanso. O alcalde do municipio, o socialista José
Luís Vergara, agradece á Demarcación de Costas o interese que os seus
responsables demostraron ao realizar a obra antes das vacacións de
primavera. Tamén apuntou que as máquinas traballan a pleno rendemento
desde primeira hora do día de onte. A praia da Magdalena está situada no
centro urbano da localidade cedeirense.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Praia da Madalena" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|