|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 68 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - ENTROIDO 2011 |
O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, entrevistouse o luns cun grupo
de hostaleiros da vila que lle manifestaron o seu descontento pola forma
en que se organizaron os entroidos deste ano. Ao parecer, este grupo de
veciños considera que o lóxico fose realizar os festexos como
tradicionalmente viña facendo, é dicir, unha festa destinada ao público
adulto o sábado de Entroido e outra dirixida ao colectivo infantil para a
xornada do luns. Vergara Rey comprometeuse a trasladarlle as queixas ao
responsable da área municipal de Cultura, Xermán Tobío, que foi o
encargado de organizar os actos.
Por outra banda, o alcalde aproveitou este encontro para coñecer a
opinión deste grupo de persoas sobre a posibilidade de cambiar a
localización actual da feira bimensual, no paseo marítimo, segundo
solicitoulle días atrás un grupo de cincuenta empresarios,
manifestándose de acordo co cambio, algo que o Concello está estudando.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - ENTROIDO 2011" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|