AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 69 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Baixura: axudas á paralización definitiva

PHP-Nuke
  • A Consellería do Mar destina a esta convocatoria específica para 2011 preto de 3 millóns de euros aos que se suman os máis de 10 millóns das axudas de paralización definitiva convencional
  • A convocatoria está suxeita á aprobación do plan de axuste do esforzo pesqueiro para a frota de baixura que as comunidades do Cantábrico Noroeste, presentaron ao MARM


Os buques de baixura (artes menores e cerco) poderán beneficiarse por primeira vez das axudas á paralización definitiva grazas á convocatoria específica realizada pola Consellería do Mar. O departamento de Rosa Quintana convoca estas axudas de xeito oportuno e previsorio tendo en conta que a convocatoria está suxeita á aprobación por parte do MARM do plan de axuste do esforzo pesqueiro para a frota de baixura que contempla o Plan de Xestión Integral presentado ao Ministerio polas comunidades do Cantábrico Noroeste. A estas axudas a Consellería destina para 2011 un total de 2.999.600 e están cofinanciadas polo Fondo Europeo da Pesca. Aínda que non estaban excluídos das axudas de paralización definitiva convencionais, estes buques non podían acceder a elas por non estar incluidos en plans de axuste do esforzo pesqueiro. Co plan integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico Noroeste poderían facelo, de aí que estas axudas convocadas pola Xunta teñan como obxectivo mellorar a xestión das achegas á paralización definitiva dos buques e de permitirlles optar a elas. Para poder acceder a estas achegas é indispensable que o MARM dea luz verde ao Plan de Xestión Integral da pesca de baixura no caladoiro Cantábrico-Noroeste e que os buques solicitantes estean afectados por este plan. Os interesados poderán consultar o resto dos criterios de selección no Diario Oficial de Galicia de hoxe. Axudas de paralización convencional
Por outra banda, cabe destacar que a Consellería tamén publicou a convocatoria para 2011 destas axudas para o resto dos buques pesqueiros. A esta destina un importe de 10.651.547 euros. Con esta cantidade e a de baixura a Consellería destina máis de 13.500.000 euros ás axudas de paralización dos buques. Neste caso os criterios de selección están dispoñibles no Diario Oficial de Galicia do 28 de decembro e neles prímanse os buques que estean incluídos en plans de xestión ou recuperación. O prazo de presentación desta convocatoria e da de baixura será ata o 31 de xaneiro de 2011 e con este tipo de axudas preténdese axeitar a capacidade pesqueira da frota aos recursos mariños, mediante a redución do esforzo pesqueiro. Así Mar busca lograr un equilibrio sustentable que asegure que a pesca siga a ser unha actividade de desenvolvemento económico para a nosa comunidade.

Link: Xunta de Galicia



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Baixura: axudas á paralización definitiva" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos