|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 60 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - AC 566 - Xunta de Portavoces |
A Xunta non pon data para as obras na AC-566 no tramo que une Valdoviño
con Cedeira, pero asegura que os traballos comezarán «axiña que como se
termine co proxecto, que xa se está redactando». Sinalan que o viario
que une Ferrol con Cedeira conta cunha partida de 230.000 euros nos
orzamentos do próximo ano, para finiquitar o estudo e os traballos no
último tramo.
Desde o Concello de Cedeira «agradecen» que se vaia a recuperar o
pavimento visiblemente deteriorado, pero esixen que se tomen verdadeiras
medidas para arranxar o viario. «Non resolve os problemas nin propón un
cambio de trazado», sentenza Vergara Rey.
Na vila seguen previstas as mobilizacións para esta semana, e hoxe
reunirase a xunta de portavoces no Concello para confirmar unha
actuación conxunta entre os grupos políticos. O domingo sairán á rúa
para informar aos veciños da urbe sobre as medidas que se van a tomar,
coincidindo co día de feirón no municipio.
O alcalde adiantou que ten previsto convocar reunións coas autoridades
de Valdoviño e Narón porque «a eles tamén lles afecta o problema». Todas
estas accións pensando na mobilización que pretenden levar a cabo desde
a urbe cedeirense a finais de mes, organizando unha marcha protesta a
pé ata Ferrol.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - AC 566 - Xunta de Portavoces" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|