NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 78 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Cedeira recoñece “a dignidade” dos represaliados

PHP-NukeO presidente de Asturias, Vicente Álvarez Areces, participou onte no municipio coruñés de Cedeira na homenaxe aos asturianos represaliados no campo de concentración da Revolta, instalado polo franquismo na antiga fábrica de salgadura entre 1937 e 1938. Areces descubriu unha placa conmemorativa no monolito instalado na zona onde se situaba o campo, acompañado polos alcaldes de Cedeira e Ferrol, Xosé Luis Vergara e Vicente Irisarri; o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e outras autoridades. “Os demócratas neste país recoñecen tamén o que foi o sufrimento, a dignidade e o honor de moitas persoas”, sinalou Areces en referencia aos asasinados no campo, a maioría de Asturias.


© 2010 - ECG


“Viñemos aquí sen rancor e con memoria, a rescatalos do esquecemento, a poñerlles nome e a deixar ese gran monolito, de 1.300 millóns de anos, que simboliza que a historia continúa pero que o fará cos seus nomes”, sinalou Areces, que agradeceu aos organizadores, as asociacións Memoria Democrática de Ferrol e Fuco Buxán e o Concello de Cedeira, a “xenerosa” iniciativa, que congregou a unhas 200 persoas. O presidente do Principado salientou que acudiu ao acto ante “o deber democrático do recoñecemento moral a todos os homes e mulleres que foron vítimas da Guerra Civil e dos que tras o conflito padeceron a represión da ditadura, fosen de onde fosen, españois ou estranxeiros”, precisou Álvarez Areces. No acto, o historiador Enrique Barrera anunciou que a Asociación Memoria Democrática de Ferrol, da que é secretario, está recabando información para localizar unha fosa común na zona de Villarrube, ante “o convencemento de que alí se poderían atopar uns 50 ou 70 cadáveres de persoas que estiveron encarceradas na Revolta”. Ademais, Barrera explicou que o acto permitirá “que os veciños de Cedeira, que axudaron solidariamente aos internos do campo, arroxen máis datos sobre eses feitos”. Neste sentido, o alcalde de Cedeira –onde os franquistas asasinaron á practica totalidade da corporación municipal–, asegurou que a homenaxe serve para “pechar feridas” sobre un campo “moi vivo nas mentes dos cedeirenses”. Pola súa banda, o presidente da Asociación Memoria Democrática de Ferrol, Manuel Fernández Pita, cualificou o evento como “un gran de area máis para construír o castelo da memoria histórica”.
Link: ECGONLIne



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Cedeira recoñece “a dignidade” dos represaliados" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.18 Segundos