|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 60 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O soldo de Tobío: á xunta de goberno |
A proposta do PP presentada a pleno o pasado martes para reducir o soldo
de Xermán Tobío, portavoz de Tega, levará á xunta de goberno nos
próximos días. Así o anunciou o alcalde da localidade, José Luís
Vergara, que asegura que a moción non se chegou a discutir ao ser só
competencia súa aprobar a iniciativa unha vez que esta se discuta co
grupo de goberno local. O rexedor prevé incluíla como un punto da orde
do día na seguinte sesión.
O portavoz do grupo municipal do PP, Eduardo Foces, asegura que o axuste
do salario do edil é unha medida «máis que xustificada en tempos de
crises ao custar este político a Cedeira ao redor de 50.000 euros
anuais», polo que demanda ademais celeridade nos trámites.
Na mesma sesión, Tobío presentou unha proposta para sancionar aos
concelleiros que se ausenten de forma reiterada aos plenos, referíndose
en concreto a Leopoldo Rubido, do grupo do PP. Vergara trasladou tamén
esta cuestión ao debate da xunta de goberno local e sinalou que para pór
esta iniciativa en marcha será necesario elaborar un regulamento que
especifique as sancións.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"O soldo de Tobío: á xunta de goberno" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|