|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 43 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| TEGA: Narón e Cedeira |
Terra Galega rexistrará dúas baixas máis en cuestión de horas. A
alcaldesa de Valdoviño, Isabel Álvarez, e o edil Gonzalo Doce abandonan a
formación coa que iniciaron a súa incursión na vida política. Ambos
prevían onte facer pública a súa decisión ao longo da presente xornada,
ao acordarse a súa marcha nunha reunión celebrada esta mesma semana nun
establecemento naronés e á que acudiron "desencantados" con TEGA
procedentes de fóra da comarca, tal e como puido confirmar este diario.
Álvarez e Doce súmanse así á postura do tamén edil de Terra Galega en
Valdoviño Antonio Montero, que anunciou publicamente o pasado mes de
agosto que abandonaba a formación. Días antes había oficializado a súa
marcha Xoán Gato, ex coordinador xeneral do partido.
Fieis ao partido continúan actualmente tan só dous dos cinco concellos
nos que ten representación, Narón e Cedeira, onde Xermán Tobío podería
presentarse novamente pola formación.
O pasado 30 de xullo, este diario adiantaba o anuncio da baixa oficial
de Gato de Terra Galega. As reaccións non se fixeron esperar, e un día
máis tarde, o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, aseguraba que "se ou meu
xefe se vai, eu tamén, porque a miña vinculación co partido era o".
Máis cauta nas súas declaracións era a rexedora de Valdoviño, que
apuntaba que "son leal ás miñas ideas e non me moven tan facilmente". A
súa posible marcha deixábase entrever na súa postura xa que, a diferenza
do alcalde naronés, Xosé Manuel Branco, que anunciou a súa continuidade
en TEGA antes do verán, tanto Álvarez como Cabezón mantiñan desavinzas
con algunhas persoas que actualmente ostentan cargos relevantes na
formación.
O rexedor local de Neda decantouse polo Partido Popular. O presidente
provincial do partido, Carlos Negreira, oficializó a finais de agosto a
fichaxe de Cabezón, anunciado por este diario un mes antes. No aire está
o que decidirán os outros cinco concelleiros que Terra Galega ten en
Neda, que aínda non han oficializado a súa postura e que poderían
adherirse a algunha das formacións independentes que proxectan o seu
desembarco na comarca, como Converxencia Galega, ou ata ao Partido
Popular, como no seu día fixo Cabezón.
Presentado xa o candidato do Partido Popular en Valdoviño, os tres edís
de TEGA no concello poderían tamén aliarse con independentes, opción que
actualmente cobra máis peso á vista das últimas negociacións con
Converxencia Galega, aínda que os conservadores xa contactaron con algún
deles. O edil de Terra Galega na Capela, Fernando Vilar, tamén podería
decantarse por unha formación independente.
Fieis ao partido continúan actualmente tan só dous dos cinco concellos
nos que ten representación, Narón e Cedeira, onde Xermán Tobío podería
presentarse novamente pola formación.
Neda, Valdoviño e A Capela desmárcanse do grupo. Á espreita está
Coalición Galega que, coa mirada posta nas próximas eleccións municipais
e en afianzar a súa presenza na comarca, non deixará pasar a
oportunidade de rescatar, polo menos, a algún dos desencantados con
Terra Galega
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"TEGA: Narón e Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|