AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 43 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 AC-566

PHP-NukeO alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, non está especialmente contento coa resposta do grupo do PP con respecto ao asunto da estrada AC-566, máis concretamente á toma de medidas para acelerar a reforma da vía tan necesaria como xusta, tal e como considera o primeiro edil cedeirense.

Os "populares", desoindo a convocatoria realizada desde a Alcaldía para a reunión de portavoces celebrada onte, quedáronse á marxe duns acordos que partindo dunha petición de entrevista ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, poden concluír en mobilizacións en Ferrol ou en Santiago. Esta última opción, que sería a máis "contundente", segundo Vergara, irá tomando forza na mesma medida que pasen os días e non chegue a resposta da Xunta con respecto ao encontro solicitado. O prazo fixouse en quince días e a data límite está ao redor da xornada do 21 de setembro. Mentres tanto tampouco se descartan outras medidas, entre as que cabe citar unha campaña de recollida de firmas e reunións puntuais cos responsables doutros concellos afectados pola estrada, como poden ser os casos de Ferrol, Narón e Valdoviño. Neste sentido, o rexedor cedeirense apuntou ata a posibilidade de buscar o apoio explícito dos consistorios antes citados co pronunciamiento plenario das corporacións municipais.
Os políticos cedeirenses tamén se mostraron partidarios de buscar o respaldo da cidadanía, así como dos sectores que senten máis prexudicados polo estado actual dunha estrada que se cobrou tres vítimas mortais en nove meses e dous novos accidentes, un en Vilarrube e outro en Esteiro, nos últimos días, segundo subliñou o rexedor municipal de Cedeira.
Hoxe mesmo, segundo apuntouse onte desde a Alcaldía, farase pública unha declaración institucional para informar á veciñanza dos pasos que o goberno cedeirense está disposto a dar para conseguir que, por parte da Xunta, acelérense os prazos que existen con respecto á reforma dunha calzada que, ademais de representar a principal vía de comunicación con Cedeira, ten 69 curvas no conxunto do seu percorrido. Este parte da rotonda de Catabois, no municipio de Ferrol, e chega á zona de Campo do Hospital. A distancia é inferior aos cincuenta quilómetros e existen tramos de máis de oito quilómetros nos que non se poden realizar adiantamentos.
Tanto o asunto das curvas como o trazado da vía, pasando polo estado que a día de hoxe presenta o pavimento, son algunhas das principais razóns que os responsables municipais de Cedeira esgrimen a modo de defensa para solicitar da Xunta a inmediata execución duns traballos para os que, nalgúns casos, ata xa foron desenvolvido os estudos de execución.

Link: DFONLin



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"AC-566" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.18 Segundos