|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 75 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Cedeira estrea unha senda peonil |
«Cedeira foi sempre vertebrada cara ao mar. Chegou o momento de
potenciar o espazo natural que rodea o seu río principal». Con estas
palabras inaugurou onte o secretario Xeral do Mar, Juan Carlos Martín
Fragueiro, acompañado do delegado de Goberno en Galicia, Antón Louro, e
do rexedor do municipio, José Luis Vergara, a nova senda do río
Condomiñas.
© 2010 La Voz de Galicia Esta actuación finaliza a recuperación de servidume de tránsito peonil
ao longo de todo o dominio público marítimo-terrestre no núcleo do
municipio.
A nova infraestrutura esténdese por ambas as marxes do río, 300 metros pola súa marxe esquerda e 440 pola marxe dereita, e ten unha anchura de tres metros. A pasarela foi construída con bordos de madeira e materiais granulares. A actuación incluíu ademais os peches de leiras lindeiras e a implantación de bancos e papeleiras.
O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino investiu nestes traballos un total de 300.000 euros. Actualmente estúdase a redacción do proxecto para recuperar o protagonismo entre a senda que se inaugurou onte e a praia ao longo do río cun orzamento de 60.000 euros.
Ademais, a administración central levou a cabo este ano o perfilado da praia da Magdalena co movemento de 30.000 metros cúbicos de area.
Segundo asegurou o representante de Mar, estas actuacións forman parte da política do Ministerio de Medio Ambiente para recuperar o litoral respectando as características paisaxísticas de cada zona, e facilitar o goce da costa a todos os cidadáns.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Cedeira estrea unha senda peonil" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|