|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 57 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A Festa do Percebe pecha con éxito |
Cedeira pechou onte a XV edición da Festa do Percebe con éxito de
público e vendas. Segundo os datos da organización, arredor de 3.000
persoas participaron no certame gastronómico, no que se repartiron case
1.200 quilos de marisco.
Segundo indicou a Diario de Ferrol o concelleiro de Turismo da vila,
Alfredo del Río, as previsións “desbordáronse”, xa que se esgotaron
tódalas existencias e o público “aínda reclamaba máis”. O cambio de data
desta convocatoria, na que a festa se adiantou un mes con respecto ás
anteriores edicións, deu un resultado positivo para o certame, que este
ano tamén foi organizado por primeira vez polo Concello e a entidade
Iniciativa para la Promoción Turística de Cedeira. O obxectivo deste
adianto era desestacionalizar a cita e atraer a visitantes á vila antes
do inicio da tempada alta
Á vista do éxito do certame, Del Río xa
adiantou que o Concello ten intención de ampliar a oferta de
festividades gastronómicas na localidade. Así, xa se pensa na
organización dunha feira adicada ós cogumelos, que tería lugar no mes de
outubro, e doutra que tería como protagonista á pescada, neste caso en
febreiro.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"A Festa do Percebe pecha con éxito" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|