|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 59 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Cautela sindical |
Mantemento do gasto social, xeración de emprego de calidade ou esforzo
no diálogo social foron algunhas das prioridades que este luns lle
puxeron enriba da mesa as tres principais forzas sindicais a quen
dentro de poucas semanas será o novo presidente da Xunta. Alberto Núñez
Feijoo citouse así nesta xornada cos representantes de UXT, CIG e CCOO
para unha primeira toma de contacto ao respecto dos retos para a
vindeira lexislatura. O compromiso de que seguirá existindo
a Consellaría de Traballo e o do estabelecemento dunha "interlocución
permanente" cos axentes sociais e económicos foron algúns dos asuntos
destacados da conversa. Logo dunha reunión de dúas horas, os sindicatos
expresaron a súa satisfacción por esta primeira toma de contacto con
quen en breve pilotará o Goberno, malia coincidir en que no contexto
actual de crise económica as promesas de diálogo deben mudar axiña en
"compromisos concretos". Tamén avisan desde o ámbito sindical da
necesidade de que non se erosione a actual estrutura de servizos
públicos do país e nese sentido lle esixirán garantías ao próximo
Goberno en futuros encontros.
Manteranse os pactos xa asinados Desde a UXT-Galicia
destacaban á saída da reunión a vontade amosada por Núñez Feijoo de
manter e desenvolver algúns dos pactos clave conseguidos durante os
últimos catro anos por sindicatos e Executivo. Tal é o caso, segundo
subliñou Xosé Antonio Gómez, secretario xeral da UXT, do Acordo pola
Competitividade, estratexia na que prometeu avanzar o vindeiro
presidente. "Agardamos que se concrete esa política de
xestos", afirmou Gómez, salientando que en próximas reunións, e logo da
toma de posesión do novo goberno, poñerán sobre a mesa un abano de
prioridades. A importancia de xerar "emprego de calidade" e de que a
propia Xunta sexa "exemplo" nas garantías aos traballadores neste
sentido, foron outros temas destacados pola UXT. Xosé Antonio Gómez
insistiu ademais na necesidade de inxectar liquidez nas pequenas e
medianas empresas advertindo dos problemas de financiamento que sofre o
tecido empresarial do país. A CIG pide máis gasto social
A necesidade de esforzo en materia de investimento produtivo e de
garantías para o gasto social e apoio aos servizos públicos
estratéxicos como a saúde ou a educación foron asuntos subliñados á
saída da xuntanza polo secretario xeral da CIG, Xesús Seixo. O líder da
CIG adicoulle tamén atención especial ao eido da lingua, instando a
Núñez Feijoo a non adoptar medidas "de carácter regresivo" neste
ámbito. Seixo chamou o PPdeG a garantir desde a Xunta
recursos públicos destinados a xerar liquidez nas empresas para
reactivar a economía galega. De xeito específico, dixo agardar que se
manteña o compromiso feito público nalgúns foros de debate antes das
eleccións "de crear unha Banca Pública Galega". Por outro lado, o líder
da CIG tamén dixo confiar en que non se destrúa o emprego creado no
Consorcio de Benestar e Igualdade e no SEAGA, "senón que se consolide",
na liña de eliminar a "precariedade" que existe na administración. Sen descartar a posibilidade dunha folga xeral
As tres formacións sindicais non descartan que no curto ou medio prazo
poidan convocar os traballadores a saíren á rúa. Con todo foi este un
estremo arredor do cal chamaron á "prudencia". Ao respecto, o
secretario xeral de CCOO, Xan María Castro, chamou a non poñer a venda
antes da ferida e afondar polo de agora nas posibilidades de
interlocución. Castro apuntou que "haberá que ver como e de que xeito",
responde na práctica o equipo de Feijoo ás promesas iniciais de diálogo.
Link: VIONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Cautela sindical" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|