|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 58 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Agrupación Local de Cedeira - PsdeG-PSOE - Comunicado |
Agrupación Local de Cedeira PsdeG-PSOE
Andrés Pernas Xermán Tobio Padín Coordinador Local de Cedeira Secretario Xeral de Cedeira
Bloque Nacionalista Galego Terra Galega
O mércores, 26 de maio do 2010, tivo lugar a reunión da Comisión de Seguemento do Pacto de Goberno firmado a resultas das eleccións municipais do 27 maio do 2007. Presentábase a proposta da Agrupación Local de Cedeira do PsdeG-PSOE, de que as formacións políticas renunciasemos as adicacións remuneradas suscritas no acordo de goberno.
Acordouse levala aos respectivos órganos de decisión local para logo voltar a reunirnos o mércores 2 de xuño. Coa finalidade de que poidese asistir o portavoz do BNG no Concello de Cedeira, o PSdeG-PSOE propuxo trasladar a reunión para o xoves, 3 de xuño. O martes, 1 de xuño o Coordinador Local do BNG comunícalle ao Secretario Xeral do PsdeG-PSOE que a representación do BNG determínaa esta organización en clara alusión á presencia de Alfredo del Río, cuestión que por suposto é compartida. O xoves pola mañán, Andrés Pernas comunícalle a José Luis Vergara que se cancela "sine die" a reunión e que Xermán Tobío está de acorde, cuestión que é ratificada polo responsable de TEGA por medio dun SMS.
Ante esta situación, vémonos na obriga de comunicarlles: 1. Que nos sentimos co dereito a coñecer oficialmente as posicións das vosas respectivas organizacións a respecto da renuncia á adicación remunerada, neste momento de profunda crise económica do pais, dos partidos que conforman o Goberno Local de Cedeira. Si esta información preferides transmitírnola doutro xeito distinto ao directo nunha reunión da Comisión de Seguemento, non ternos problema, pero queremos que BNG e TEGA se definan oficialmente. 2. Se nos confirme a implicación do BNG no pacto de goberno, toda vez que Andrés Pernas me comunica telefónicamente que Alfredo del Rio non era o responsable local do BNG de Cedeira. Igual interpretamos incorrectamente esta conversa, pero queremos saber se aquel acordo vincula ou non á organización local do BNG. 3. Poñemos a disposición do BNG, e da cidadanía en xeral, calquer tipo de explicación, no principio de transparencia absoluta que predica o dito pacto e que practica este Concello, sobre calquer mobemento económico presente e pasado, contratacións, horas extras, dietas ou gratificacións. Se llo damos á prensa, con máis razón o faremos cos nosos socios de goberno.
ATENTAMENTE, José Luis Vergara Rey Secretario Xeral
Dcto. orixinal ( Formato PDF )
Link: AGS Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Agrupación Local de Cedeira - PsdeG-PSOE - Comunicado" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|