|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 61 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O Valedor acusa os concellos de tolerar a ilegalidade urbanística |
O informe anual do Valedor do Pobo, que foi presentado onte, chama a
atención sobre a “pasividade” das administracións locais diante das
ilegalidades urbanísticas. Benigno López constata “demoras
inxustificadas” na tramitación de denuncias e nas accións para acatar
resolucións como a demolición de inmobles construídos irregularmente.
Advirte de que “a falta dunha actuación eficaz por parte da
administración pode ocorrer que as obras ilegais realizadas se convertan
en feitos consumados, cun difícil retorno á legalidade”.
Benigno López tamén lles dá un toque aos concellos para aumentar a
participación pública na elaboración dos plans xerais de ordenación
municipal (PXOM) no sentido de que se deben crear “canles e foros de
participación de todos os colectivos representativos que conflúen no
deseño dun plan urbanístico” antes da aprobación inicial.
O urbanismo e a vivenda teñen un especial peso dentro das demandas
dos cidadáns ao Valedor. Supoñen unha de cada dez queixas remitidas ao
longo de 2009: 241, o que representa un 40% máis que o ano anterior. A
institución avisa de que a inacción municipal fai que ás veces se
consolide a obra ilegal. Menciona casos nos que a pasividade do
consistorio leva ás veces, á prescrición da infracción urbanística.
“Constitúe unha queixa frecuente a ineficacia das administracións
municipais para conseguir que se executen as demolicións de obras
ilegais”, reflicte o docmento. Ao longo de 2009, o Valedor reclamou a execución de sentenzas de
demolición aos concellos de Cabana de Bergantiños, Sarria e Boborás.
Tamén lle advertiu ao de Barreiros o deber de facilitar información
sobre os expedientes urbanísticos aos que lles concede licenza e ó de
Ares sobre a necesidade de axilizar os trámites dun expediente de
reposición de legalidade urbanística.
Outro tema de controversia é a concesión de licencias de construción
no rural. Estas só están autorizadas dentro do núcleo e a súa zona de
expansión, pero o Valedor detecta problemas nos municipios que non teñen
delimitada esta división do solo. Benigno López tamén lles dá un toque
aos concellos para aumentar a participación pública na elaboración dos
plans xerais de ordenación municipal (PXOM) no sentido de que se deben
crear “canles e foros de participación de todos os colectivos
representativos que conflúen no deseño dun plan urbanístico” antes da
aprobación inicial.
Respecto á vivenda, a maioría das reclamacións teñen que ver con
retrasos no cobro da renda básica de emancipación que o Goberno central
concede aos menores de 30. As reclamacións en materia de obras públicas e expropiacións
duplicáronse en 2009. Foi, en gran parte, polas 169 peticións de amparo
que motivou o trazado do AVE entre A Coruña e Betanzos ao seu paso por
Piadela e Castro. Estas reclamacións foron remitidas ao Defensor del
Pueblo, por tratarse dunha obra do Ministerio de Fomento. Con 262
queixas, a área de Obras Públicas e Expropiacións foi o segundo ámbito
con máis reclamacións, só por detrás de Servizos Sociais, con 336.
Link: XORONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"O Valedor acusa os concellos de tolerar a ilegalidade urbanística" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|