A V Asemblea comarcal da CIG de Ferrol,
cuxo desenvolvemento variou substancialmente dos últimos procesos,
elixiu á nova Executiva Comarcal, á que se presentaron dúas
candidaturas encabezadas por Xesús Anxo López Pintos e Manuel Grandal
Anca. A lista de Pintos conseguiu 81 votos e catro membros, mentres que
a de Grandal acadou 85 votos e tamén catro representantes. Deste xeito,
a nova Executiva comarcal estará conformada por: Manuel Grandal Anca Margarida Leirachá Pita Xosé L. Rivera Jacome Víctor Díaz Vilaboa Xesús Anxo López Pintos Sandra Otero Fernández Óscar Peres Vidal Xesús Manuel Díaz Suárez
No caso das votacións ao Consello Confederal, as dúas
candidaturas repetiron resultado, obtendo cada unha das listas 3
membros. Os/as representantes da CIG de Ferrol no Consello serán: Xesús Anxo López Pintos Berta Lopes Permui Joam F. Lopes Peres Manuel Grandal Anca Víctor Díaz Vilaboa Alberte Amado Tallón
O Informe de XestiónA
V Asemblea comezaba coa intervención de Henrique Sanfiz, quen se
encargou de abrir a sesión. Posteriormente, procedeuse a cantar a
internacional e á votación do regulamento, aprobado por maioría. A
seguir, o Secretario comarcal, Xesús Anxo López Pintos, foi o
encargado de defender o informe presentado pola Executiva, un informe
de “consenso e unión no que se antepón o interese da clase traballadora
a calquera outro interese”. O docmento comeza cunha análise
da situación sociopolítica e económica actual, salientando as
repercusións gravísimas que a crise está ter na comarca de Ferrolterra,
que rexistra unha taxa de paro superior ao 20%, acadándose xa os 20.000
desempregados e desempregadas.
Presenza en todas as loitasPintos realizou tamén unha lembranza da loitas sindicais nas que a CIG
estivo presente durante os últimos catro anos, tanto a nivel comarcal
como nacional, destacando especialmente os feitos ocorridos na empresa
Eshor, conflito no que a empresa chegou a fretar autobuses cargados de
traballadores/as de todo o Estado para rodear o sindicato de Ferrol.
Aínda que tampouco se poden esquecer as loitas en Eléctra del Narahio,
Materiales del Atlántico, Celta Prix, Urbaser, LM Composites, Einsa,
Monbus-Rialsa, os ataques do goberno galego á lingua, a precarización
dos servizos públicos, etc... “Foron moitos os conflitos e
loitas laborais que vivimos na comarca, froito dunha crise cada vez
máis marcada, ao que temos que unir o intento da patronal de rebaixar
os nosos dereitos, que afecta ás condicións laborais das traballadoras
e traballadores”, sinálase no Informe, ao que Pintos engadiu que
“podemos ir coa cabeza ben alta, porque puidemos ter erros na acción
sindical, pero ninguén pode dicir que vendimos aos traballadores/as”.
Primeira forza sindical na comarcaO Informe recolle que durante os últimos catro anos a afiliación da CIG
en Ferrol rexistrou un aumento espectacular, incrementándose en case
2.000 novos afiliados e afiliadas (por cota), converténdose así na
cuarta comarca da CIG en número de afiliación. A finais de 2009 estaban
rexistrados 7.957 afiliados e afiliadas. Así mesmo, a CIG é a
primeira forza sindical en Ferrolterra, detentando o 33,8% da
representación sindical, fronte ao 28,5% e 28,8% de delegados e
delegadas de UGT e CCOO, sendo primeira forza sindical en practicamente
todas as federacións, agás nos sectores Servizos, Saúde e Banca. “Estas
cifras demostran que a clase traballadora depositou a súa confianza en
nós e a CIG ten que ser o motor dos cambios”, subliñou. “Temos que saír
desta Asemblea máis fortes, porque a clase obreira necesita un
sindicato como a CIG. Temos que estar preparados para facer unha acción
común e ben sabemos onde están os inimigos: no gran capital”, subliñou.
Finalmente, o aínda Secretario Comarcal subliñaba o esforzo da
Executiva saínte para elaborar un Informe que permita abandonar a
situación conflitiva interna que se viviu na comarca nos últimos
tempos, de cara a afianzar a unidade de acción na defensa do conxunto
da clase traballadora. Tras da intervención de Pintos
produciuse un debate que se prolongou durante case unha hora, seguido
da votación do mesmo. O Informe finalmente foi aprobado con 134 votos a
favor, 7 en contra e 8 abstencións. A continuación
constituíse a mesa presidencial e pasouse á presentación das dúas
candidaturas á Executiva Comarcal e ao Consello Confederal, encabezadas
por López Pintos e Manuel Grandal.
Loita e mobilizaciónO
Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, foi o responsábel de clausurar
esta V Asemblea comarcal, que contou ademais coa presenza da Secretaria
Confederal de Organización, Elvira Patiño, e a Secretaria de Muller da
CIG, Marga Corral, así como representantes de diversas organizacións
políticas e sociais da comarca e do País e do alcalde do Concello de
San Sadurniño. Na súa intervención, Seixo referiuse á
necesidade de contar cun sindicato forte e unido capaz de levar adiante
a loita na defensa da clase obreira, máis agora que o capital,
respaldado polos gobernos e as organizacións sindicais españolas,
pretende saír reforzado desta crise que provocou, a expensas de
recortar os dereitos dos traballadores e as traballadoras. Neste
senso, Seixo lamentou o papel desmobilizador que están a xogar CCOO e
UGT fronte a implementación de políticas neoliberais, axudando a crear
a errónea idea de que foron as supostas rixideces do mercado laboral e
os altos salarios os que nos levaron a esta crise. “Temos que levar a
cabo un intenso traballo de concienciación, organización e mobilización
nas empresas para que os traballadores e as traballadoras entendan que
este modelo neoliberal non é o que precisa a clase obreira”, apuntou.
Seguindo nesta liña, o Secretario Xeral subliñou a importancia dun
proxecto como a CIG “que se creou entre todos sen renunciarmos aos
nosos principios programáticos. Isto ten un valor enorme que debe
primar sobre calquera discrepancia interna. Temos que traballar unidos
para esixir cambios”. Seixo rematou a súa intervención
lembrando as convocatorias de mobilizacións que a CIG ten previstas
realizar en todas as comarcas do País o vindeiro mércores, con motivo
da conmemoración do de 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega.
Galería de imaxesLink: UPG Cedeira - Calexon.com - JMFC