|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 50 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello |
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de alertar dun
fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello para esta fin de
semana, con ventos que poden superar os 140 quilómetros por hora en
toda a comunidade a partires das 15.00 horas, polo que se recomendan
extremar as precaucións.
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva,
compareceu hoxe ante os medios para informar do fenómeno e da resposta
da Xunta, precisamente despois de presidir a reunión do comité asesor
do Plan de Protección Civil ante o risco de temporais, na que estiveron
presentes membros de todas as consellerías e representantes da
Delegación do Goberno en Galicia.Unha vez analizada a situación,
xa se tomaron as primeiras medidas, e así xa se ten informado da
situación a todos organismos e administracións implicadas e xa se puxo
en marcha un comité de crise, que estará nas instalacións do Centro de
Atención ás Emerxencias- 112 Galicia. Tamén haberá comités de
coordinación operativa a nivel provincial. Outra das medidas
pasa polo reforzamento da central de emerxencias, de tal xeito que se
triplicarán os efectivos que prestarán atención, pasando das sete ou
oito operadoras que hai normalmente ata 24. Tamén se crearán unhas
liñas telefónicas específicas, dirixidas a atender e facilitar o
traballo dos profesionais das emerxencias e responsables das distintas
administracións, evitando así a saturación do 112 ante o previsible
incremento de chamadas que se producirá. Tamén haberá de xeito
permanente técnicos da Axencia Galega de Emerxencias.
Reforzo de brigadas e bombeiros Outro
dos operativos que se reforzarán será o dos bombeiros dos parques
comarcais, onde se duplicarán o número de efectivos por quenda.
Reforzaranse así mesmo as brigadas da Consellería de Medio Rural,
chegando a estar 1.500 efectivos a disposición do operativo que se está
a poñer en marcha fronte ao temporal.“Tamén se reforzan os
medios de estradas de que dispón a Xunta, con 500 persoas destinadas a
este operativo”, engadiu Santiago Villanueva, que explicou que tamén se
reforzará o persoal de MeteoGalicia para visualizar en todo momento a
evolución do temporal. Precisamente na rolda de prensa estivo o
director de MeteoGalicia, Vicente Pérez Muñuzuri.Outras
iniciativas postas en marcha foron contactar coas compañías de
telefonía e subministro eléctrico para que reforcen os medios que
habitualmente teñen na comunidade, para paliar na medida do posible os
danos que se produzan como consecuencia do temporal.Como medida
de precaución, decidiuse suspender as actividades deportivas durante a
fin de semana e a Consellería de Cultura e Turismo avisou aos
peregrinos que poidan estar en ruta para que, alomenos durante os
sábado, eviten os desprazamentos e permanezan nos albergues. Así mesmo,
avisouse ás empresas de transporte de viaxeiros para que extremen as
precaucións.
Recomendacións aos cidadáns Finalmente,
recoméndase aos cidadáns que eviten os desprazamentos e as actividades
no exterior, que extremen as precaucións se non poden aprazar os
desprazamentos e que se teñen que abandonar o vehículo, o deixen ao
resgardo do vento e ben inmobilizado e sinalizado. Antes de viaxar, hai
que informarse do estado das estradas.Tamén se pide que non se
aproximen á costa, que retiren ou aseguren os elementos que poidan ser
desprendidos polo vento, así como portas e fiestras. Recoméndase non
achegarse a zonas arboradas ou onde se poidan desprender obxectos e
estar preparados ante posibles cortes de subministro eléctrico. Link: XONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|