|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 27 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Oito meses de cárcere |
Un mozo cedeirense que o pasado domingo protagonizou un soado incidente
nun bar da localidade foi condenado xa a oito meses de prisión por un
delito de atentado. Trátase de G. P. L., nacido en 1988, e os feitos
ocorreron pasadas as dúas da tarde. Ante a súa actitude violenta,
acudiron axentes da Policía Local e da Garda Civil que tiveron que
empregar a forza para reducirlle, aínda que el propinou un golpe no
peito a un dos gardas e logo ameazouno cun coitelo.
Dous policías locais e dous gardas civís acudiran ao mesón O Areal,
onde sucedeu todo. Trasladado ao cuartelillo, onte compareceu ante o
xuíz de Ortigueira, a cuxo partido xudicial pertence Cedeira. En xuízo
rápido ante este tribunal, o raparigo aceptou os cargos e mostrouse de
acordo coa mencionada condena.
O representante do Ministerio Fiscal solicitara un ano de prisión, aínda que conveu coa defensa nunha pena de oito meses, en aras dunha sentenza de conformidade, aplicándolle a redución dun terzo da pena.
O fiscal deu o visto e prace tamén a que a pena quede suspendida por dous anos ao carecer de antecedentes penais o imputado por non pesar sobre el sentenzas firmes anteriores. No entanto, o inculpado foi advertido tamén de que en caso de reincidir tería que cmprir e ingresar no cárcere.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Oito meses de cárcere" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|