NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O Bloque revisa o seu interior

PHP-NukeNon foi unha revolución, pero tampouco unha anécdota. Certo é que o resultado dunha das votacións que se celebrou durante o último Consello Nacional do BNG apenas ten relevancia fóra das fronteiras organizativas -supuxo unha pequena ampliación dos representantes comarcais– pero foi dun simbolismo enorme á hora de entender o camiño que tomará a formación a medio prazo. A unión das correntes de Carlos Aymerich –Máis BNG– e Xosé Manuel Beiras –Encontro Irmandiño– derrotou á hexemónica UPG que encabeza Francisco Rodríguez e que impulsou a Guillerme Vázquez ao liderado na asemblea do pasado 10 de maio. Foi este un feito novidoso que pode supor outra era, xa que cambia a correlación de forzas no interior dun Bloque cuxo ambiente interno é na actualidade “normal” –segundo apuntan diversas fontes– pero de máxima expectación. Seica ábrese a porta a unha nova etapa, máis afastada da polarización asemblearia, aberta ao diálogo entre partes e cuxos resultados poden ser visibles unha vez a nova dirección *****pra un ano á fronte da organización.

UPG Mantén a maioría na Executiva grazas ao apoio do minoritario Movemento Galego ao Socialismo, pero xa sabe que pode perder no Consello, máis decisivo nas cuestións de fondo. Dende a asemblea marca a liña do BNG, pero dende o sábado sabe que terá que abrirse aos outros sectores para buscar máis puntos en común, sobre todo no estratéxico. Conta a nivel de base cun importante apoio, ás veces máis centrado en cuestións ideolóxicas que de liderados persoais, e no pasado xa foi capaz de chegar a importantes acordos –nin Beiras nin Quintana foron nunca da órbita da UPG– que repercutiron de xeito favorable no Bloque, algo que semella que pode volver a pasar.   Máis BNG O ascenso da corrente que lidera Aymerich –na que tamén milita Teresa Táboas e que conta co respaldo de Anxo Quintana– é o máis forte dentro do BNG nestes meses, se ben por separado segue por debaixo en apoios da UPG, coa que mantén diferencias que pretéritas experiencias demostran salvables, pero que aumentaron últimamente por cuestións tácticas. Sabe que seducindo aos irmandiños pode facerse co timón do BNG, se ben en principio a súa intención é a de botar a andar un diálogo entre as partes que corrixa, entre outras cousas, algunha tendencia recente matizable en termos de apertura e imaxe.   Encontro Irmandiño Ten a chave do Consello pero está ausente da Executiva. Mantén diferenzas claras de actuación coa UPG e tamén teóricas con Máis BNG, pero están abertos a alianzas que definirán nos próximos meses, cando finalice o proceso de reflexión que bautizaron como “rolda de rebeldía”.   Guillerme Vázquez E mentres, o Bloque e o seu actual voceiro seguen coa súa axenda, xa que para todas as partes é importante agora centrarse na oposición ao PP. Precisamente, na festa nacionalista de Cangas, Vázquez acusou a Feijóo de “facer políticas de extrema dereita”.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"O Bloque revisa o seu interior" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos