|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 29 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O Bloque discute a data de elección do candidato |
O BNG
prepara o novo curso político baixo a prioridade de ofrecer tanto no
parlamento e nas institucións como na rúa e dentro dos que denomina
“movementos populares” –non necesariamente nesa orde– unha alternativa
contra as políticas da Xunta que preside Núñez Feijóo,
con especial atención aos asuntos que teñan que ver coa lingua e a
cultura, así como a conservación do territorio e todo aquilo
relacionado cos sectores afectados pola crise económica. Pero, no plano
interno, os nacionalistas tamén teñen na cabeza a súa propia folla de
ruta cara ás seguintes citas electorais e o propio futuro da formación
a todos os niveis, terreo no que o debate tamén é intenso e con menos
puntos en común respecto a cuestións decisivas como, por exemplo, a
data da vindeira asemblea na que se dea a coñecer a identidade do
candidato do Bloque ás eleccións autonómicas previstas para 2013. No
fondo, unha loita polo liderado que non acabaou pechada tras o cónclave
extraordinario do pasado 10 de maio, no que Guillerme Vázquez
converteuse no novo voceiro nacional da organización.
Malia existir unha aposta común pola unidade externa sobre todo á
hora de facer fronte ao Goberno de Feijóo, existen diverxencias á hora
de pechar a data de elección do próximo candidato á Xunta.
Posto que non semella nada claro que a aposta nese sentido sexa polo
actual líder, centrado agora na reubicación ideolóxica e anímica do BNG
tras a perda das eleccións e na visibilidade do discurso opositor, son
varios os sectores que pensan que 2010 debería ser o ano en que se
decidise do cartel, algo que outros prefiren deixar no aire ata, como
pronto, o segundo semestre de 2011, unha vez que os resultados das
eleccións municipais deixen máis despexado o panorama.
Os partidarios desta última idea atópanse en torno á actual corrente maioritaria na Executiva da formación, a UPG que lidera Francisco Rodríguez"
e que impulsou a Vázquez como voceiro malia que o concelleiro
pontevedrés non pertence a ese partido. Cren que as necesidades actuais
do Bloque camiñan por outros vieiros e prefiren deixar pasar un periodo
de dous anos para “incidir na recomposición iniciada tras a última
asemblea”.
Unha intención totalmente oposto é a que defenden os grupos reunidos arredor da corrente Máis BNG,
que cren que é necesario manter un contacto clarificado e constante coa
sociedade sen pecharse “en procesos limitados”. “O país non vai pasar
dous anos esperando por nós, así que temos que facerlle propostas a
todos os niveis e mediados de 2010 sería o momento axeitado para
ofrecerlle xa un candidato”. Link: XONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"O Bloque discute a data de elección do candidato" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|