- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 18 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A lucida poesía de Cohen deslizouse por Castrelos

PHP-NukeCantos compositores hai capaces de armar catro clásicos como 'Suzanne', 'Sisters of Mercy', 'So long, Marianne e Hey', 'That’s No Way to Say Goodbye' no seu debut? Cales, catro décadas despois daquel Songs of Leonard Cohen (1967), axeonllan o seu talento inmenso para presentar os seus músicos, un a un, co chapeu na man? Cales, entre todos os que pasarían este cribo, resisten aínda con humildade e elegancia unha travesía de case tres horas sobre o escenario? A resposta, mentres se interrogan outros sospeitosos, segue a ser doada: ese canadense de traxe escuro que onte puxo en pé a 25.000 persoas, talvez máis, talvez moitas menos, no parque de Castrelos.


© X.O.L.
Leonard Norman Cohen tomou onte Vigo como se fose o Berlín de ‘First We Take Manhattan’. A piques de cmprir os 75 anos –celebraraos, seguro, o vindeiro 21 de setembro en Barcelona–, o de Montreal encheu o maior auditorio natural de Galicia co máis selecto da súa discografía. A voz engordoulle porque acubilla máis tesouros aínda ca nos anos sesenta, cando publicou os seus primeiros poemas en Canadá e decidiu facer cancións da outra beira da súa propia raia. Todo o contrario que a súa delgadísima silueta, fráxil pero esguía, que ameaza con disolverse na curva dun retrouso. O resto, segue intacto.




Non é que Live in London sexa a base do seu repertorio. É que esa gravación ao vivo, de marzo deste ano, condensa a filosofía desta xira redentora –estaba arruínado antes de empezar a facturar de novo como un partisano, con eficacia e sacrificio– que dura xa dous anos. Os que o foron ver a Lisboa o verán pasado sabían o que ía acontecer logo de que Cohen entrase no escenario e abrise a caixa de pandora cos coros de ‘Dance Me to the End of Love’. O resto, en realidade, tamén. Imaxinárano así durante moitos anos. Fóra do deostado Death of a Ladies’ Man (1977) que deixara en mans de Phil Spector, non hai case ningún dos seus discos de estudio que non recorde o pai de Lorca –a súa filla ten nome de homenaxe e de poeta–. Do último, Dear Heather (2004), ao primeiro, aquel Songs of Leonard Cohen (1967), coma quen sabe ler nas mans do público, o canadense vai apañando das leiras que traballou durante corenta anos os froitos máis redondos. Recupera ‘Bird On Wire’ de Songs For A Room (1969) e’If It Be Your Will’ de Various Postions (1984). Petisca en New Skin for the Old Ceremony, onde puxera ‘Who By Fire’ en 1974, e no seguinte, Recent Songs (1979), con ‘The Gypsy’s Wife’. E xaora, volve sobre os seus pasos máis accesíbeis, os de I’m Yor Man (1988) e The Future (1992), cunha *****prida presa de standards, do ‘Pequeno vals vienés’ de Lorca –‘Take This Waltz’– ao modernísimo ‘Democracy’. Arroupado por nove músicos –Sharon Robertson e as Webb Sisters, ademais dos coros, tocan, bailan e fan pinchacarneiros–, o de Montreal repintou os seus éxitos cun verniz de cámara: unha man de blues, outra de jazz, dúas de virtuosismo. Preciosista, preciso, impecábel –tamén predicíbel–, o seu “pequeño ensemble”, como lle chamou o bardo, convenceu a Castrelos. Escoitàndoos, parece fácil ser Leonard Cohen. Hai quen se acorda de Jeff Buckley cando identifica o limiar de ‘Hallelujah’ e quen invoca a Morente e Lagartija Nick para mellor gozar de ‘First We Take Manhattan’. Sempre houbo quen preferiu ao Cohen compositor nas voces e nas partituras doutros. Logo de sentilo recitar ao vivo ‘Anthem’, é moi difícil seguir nos mesmos trece. “Ring the bells that still can ring. Forget the perfect offering. There is a crack in everything. That’s how the light gets in”, bísballe ao universo antes de que empece a soar o himno. Non hai apostasía que o cure a un de semellante emoción.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A lucida poesía de Cohen deslizouse por Castrelos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos