|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 32 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A CIG acusa a Correos de practicar o “enchufismo” nas contratacións |
A CIG vén de reclamar publicamente nun
comunicado que a empresa pública Correos está a practicar o
“enchufismo” na contratación de persoal eventual para cubrir as
vacacións de verán. Segundo a central, dos 94 contratos que se fixeron
en xullo nas tres comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, 43 asináronse sen
acudir ás listas pertinentes.
O sindicato reclama que se abran as
listas de contratación de Correos “para que os cidadáns que o desexen
poidan anotarse”, así como que a empresa tire delas para cubrir as
vacantes. A CIG mantén que “fai máis de tres anos da última vez que se
abriron as listas de contratación en Correos, polo que moitas delas
resultan insuficientes”, e que a dirección négase a facelo polo
“negocio” que representan “as súas redes clientelares”. O comunicado
sinala, tamén, que a entrada cun contrato eventual é a única maneira de
acceder á consolidación do emprego dentro de Correos.
Emprego con “padriños” “Dentro
das listas os contratos de maior duración adoitan ir a parar a
traballadores con padriño, posto que moitos dos xefes preparan estes
contratos para facelos cadrar con quen eles queren”, di o comunicado do
responsable comarcal de Correos da CIG, Xesús Carlos do Río, que tamén
advirte das situacións conflitivas que esta realidade está a crear
entre os empregados dalgunhas oficinas, “posto que a discriminación que
se dá nos contratos esténdese ó propio traballo diario”.
A CIG
asegura que o problema está a producir “efectos devastadores” na
calidade do servicio postal, así como un agravio comparativo para os
cidadáns que necesitan emprego. “A desregulación da contratación e a
súa falta de transparencia xamais chegou a semellantes extremos como
con este Goberno do PSOE”, remata a central
Link: DFONLIne
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"A CIG acusa a Correos de practicar o “enchufismo” nas contratacións" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|