- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 30 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A Mesa pola normalización lingüística informa

PHP-NukeAnonimo escribió "
A mesa pola normalización lingüística informa:

Despois da ultima xuntanza de socios da zona do Ortegal (zona constituída como tal fai un ano) e que tivo lugar o Venres 31 de Xullo en Cedeira, e do noso agrado manifestar a boa sensación que supón o gran aumento de socios nesta comarca e maiormente na nosa vila.

Nesta xuntanza informouse sobre a creación da plataforma "Queremos Galego", ademais de facer un análise sobre os resultados ou "contas de Pinocho" despois de mes e medio de "cociña e espera" da enquisa da Consellería de educación.
 
Da mesma maneira queremos informar á cidadanía das últimas actividades... 









A mesa pola normalización lingüística informa:

Despois da ultima xuntanza de socios da zona do Ortegal (zona constituída como tal fai un ano) e que tivo lugar o Venres 31 de Xullo en Cedeira, e do noso agrado manifestar a boa sensación que supón o gran aumento de socios nesta comarca e maiormente na nosa vila.

Nesta xuntanza informouse sobre a creación da plataforma "Queremos Galego", ademais de facer un análise sobre os resultados ou "contas de Pinocho" despois de mes e medio de "cociña e espera" da enquisa da Consellería de educación.
 
Da mesma maneira queremos informar á cidadanía das últimas actividades. 

-O pasado 14 de xullo ficou constituída no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO, nacida desde a vontade de crear un amplo espazo común e punto de encontro no que poidan converxer as diferentes iniciativas sociais que nas últimas semanas foron surxindo, desde diferentes ámbitos, baixo o común denominador da defensa da nosa lingua propia fronte ás medidas xa implementadas ou anunciadas por parte do goberno do Partido Popular.

Esta plataforma cidadá nace coa pretensión de unir persoas, colectivos e institucións da máis diversa natureza baixo tres premisas básicas:

1.- A lingua galega é patrimonio e ferramenta de comunicación do pobo galego, e as institucións públicas teñen a responsabilidade e obriga de protexela e promocionala.
 

2.- A normalización lingüística ten que ser un proceso progresivo, polo que desde as institucións públicas non se poden tomar medidas que desprotexan ou reduzan a presenza do galego en ningún ámbito.
 

3.- Os acordos asinados por todos só poden ser substituídos por acordos asinados por todos, e o consenso para a lingua galega está no fixado no Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento galego en 2004, así como na Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, ratificado por unanimidade polo Congreso en 2001.
 

A plataforma QUEREMOS GALEGO comeza a súa andaina sobre dúas propostas de traballo concretas: o impulso e desenvolvemento dunha Iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos e a convocatoria dunha gran mobilización nacional en Santiago de Compostela para o outono.
 

Ademais, O presidente e o vicepresidente da Mesa, Carlos Callón e Fran Rei, entregaron o 29 de Xullo no rexistro da Xunta un escrito dirixido ao Conselleiro de Educación no cal solicitan medidas para que neste curso escolar se *****pra o decreto en vigor e reclaman que se informe á opinión pública sobre “todas as interrogantes de escurantismo e fraude que hai sobre a pseudoconsulta educativa”:


  
-Por que tardou a Xunta óe Galiza 5 semanas en dar a coñecer os datos de participación? Cal foi o motivo que levou a que se ocultase esta cifra por tanto tempo?


-Por que se contrataron servizos externos á administración para efectuar o reconto? Hai máis dunha empresa encargándose diso? Como foi o seu proceso de contratación?


-Pódense dar garantías de que todos os impresos recontados son orixinais e non fotocopias? De existiren tales copias masivas, cantas serían sobre o total de 190.000 impresos de que falou a Consellaría? Nese caso, podería informar a Xunta de quen as fixo e para que?


-Cal é o motivo polo que se mentiu á opinión pública sobre a contratación desta(s) empresa(s)? Cal é a razón pola que a Xunta sente vergoña de admitilo?


-Cantos notarios participaron no proceso de reconto? Se a resposta for negativa, cales foron as razóns?


-Cando vai informar a Xunta de Galiza sobre os orzamentos reais de todo este operativo? Son certas as estimacións de que todo este proceso, coa contratación final desta(s) empresa(s), pode achegarse aos 400.000 euros?.





Fernando Iglesias Bouza
Coordinador Comarcal de
A Mesa pola normalización lingüística


"



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"A Mesa pola normalización lingüística informa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.37 Segundos