NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 28 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Acordos comprometidos co bipartito

PHP-NukeO alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, entrevistouse onte coa Presidenta de Augas de Galicia e do consello de administración da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (Eposh), Ethel María Vázquez. Vergara solicitou que se asuman acordos xa comprometidos co bipartito.

O alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, trasladouse onte a Santiago para entrevistarse coa Presidenta de Augas de Galicia, Ethel María Vázquez. O rexedor municipal tratou varios asuntos coa titular da referida empresa pública, sobre todo interesouse polo motivo que levara a Augas de Galicia a paralizar dous proxectos xa comprometidos co bipartido, como a separación de pluviais e fecais na avenida de España e no Paseo da Magdalena. A primeira destas intervencións, segundo explicou o rexedor cedeirense, estaba a piques de contratarse. A única resposta que obtivo respecto diso destes traballos é que co cambio de goberno e de dirección tamén na referida empresa pública decidiuse estudar con máis detemento futuras intervencións. Ethel María Vázquez tampouco se comprometeu a nada de face ao futuro xa que, segundo aseguroulle ao primeiro edil cedeirense, calquera decisión debería ser tratada previamente co conselleiro de Medio Ambiente. Vergara explicou que se Augas asumise estas intervencións, como estaba previsto, o Concello podería colocar a nova pavimentación nas rúas afectadas, algo que se faría con cargo ao POS.

José Luís Vergara lamentou que esta obra non vaia acometerse, insistindo que as choivas do pasado sábado, que provocaron numerosas inundacións na vila, ?puxeron de manifesto o indeble do noso sistema de rede de sumidoiros?.

O alcalde cedeirense tamén alertou da existencia de numerosas deficiencias estruturais na estación de bombeo, que están a ser auditadas por unha empresa externa. Tamén preguntou á titular de Augas de Galicia pola razón pola cal en Cedeira a estación depuradora depende da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (Eposh) e a de bombeo do Concello. Pondo como exemplo o caso de Agarimo, onde se xestionan de forma conxunta. Deste xeito, Vergara quéixase de que desde a EDAR pódese dar orde, en caso de saturación -como xa pasou algunha vez-, de pechar a estación de bombeo, de modo que se é necesario aliviar auga desta instalación o único responsable das consecuencias derivadas deste feito sería o Concello.

Vergara tamén se interesou pola posibilidade de instalar un tanque de tormentas, que viría ser unha alternativa á separación de pluviais e fecais; as medidas que se están tomando para que en 2015 dispoñan de saneamento todos os núcleos rurais e expúxolle á titular de Augas se non era un luxo, tal e como está a situación na vila, prescindir do emisario mariño.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Acordos comprometidos co bipartito" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos