|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 11 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Reforzar o papel dos concellos na xestión do urbanismo |
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas, Agustín Hernández reuniuse hoxe por segunda vez coa
Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para avanzar na
reforma da Lei do Solo. Na reunión tamén estiveron presentes a
secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarna Rivas; o
presidente da Fegamp, Carlos A. Fernández Castro; e os vicepresidentes
da institución, así como outros membros da federación.
A cita serviu para demostrar que existen coincidencias de criterios
nos plantexamentos, feito que facilitará a futura reforma dunha lei que
se basea en boa parte nas peticións da propia Fegamp. Medio Ambiente
desexa que a liña aberta para a reforma teña continuidade en
posteriores acordos sobre asuntos de urbanismo
Cómpre salientar que o anteproxecto modifica 42 dos 237 artigos da
Lei de Ordenación Urbanística de Galicia. Unha das novidades máis
relevantes é a redución da tramitación autonómica dos plans, prevendo
acurtar de tres a dous meses os prazos das intervencións autonómicas no
procedemento de aprobación, excepto as aprobacións definitivas que
manteñen o límite de tres meses.
Outro punto fundamental é a avaliación ambiental que pasará a
constituír parte do contido dos instrumentos de ordenación urbanística,
reforzando a cooperación de diferentes departamentos autonómicos no
proceso de docmentación e redacción.
A reforma fai especial fincapé no solo rústico, recoñecendo a
competencia municipal para o outorgamento de licenzas en todas aquelas
obras relacionadas coa explotación de recursos naturais (naves
gandeiras, silos agrícolas...). O tempo máximo da concesión de licenzas
para obras maiores, é dicir, aquelas que necesitan proxecto técnico
completo, reducirase nun 60%. As obras menores, aquelas de escasa
entidade construtiva e económica, recortarán un 80% no tempo de
concesión.
O novo do*****ento normativo no que traballa a Xunta tamén tenta
adecuar o contido da lei ás características de asentamento da poboación
no medio rural de Galicia. Así, o anteproxecto fixa catro tipos de
núcleos rurais: histórico tradicional, que recolle o carácter esencial
do núcleo rural que mantiña a lei; núcleo rural consolidado, limitado
polo grao de consolidación da edificación que será igual ou superior ao
50% da superficie; núcleo rural non consolidado, onde o grao de
consolidación se sitúa entre o 33 e o 50%; núcleo rural complexo,
caracterizado pola compatibilidade de trazos propios do núcleo
tradicional e de calquera dos outros citados.
Por último, nos entornos rurais, levaranse a cabo a protección e
recuperación de elementos propios da arquitectura rural e a súa
estrutura parcelaria histórica.
En conclusión, a Xunta de Galicia pretende integrar as peticións do
municipalismo galego que non foron tidas en conta nunha anterior
revisión da lei, solucionando as eivas que presenta a actual
lexislación. Tamén se agarda unha regulación da delimitación
urbanística das aproximadamente 30.000 entidades singulares de
poboación existentes en Galicia. Link: XONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Reforzar o papel dos concellos na xestión do urbanismo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|