|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 4 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Non renderon contas |
O conselleiro maior do Consello de Contas, Antonio López Díaz, revelou
este mércores que a porcentaxe de concellos que renderon contas en
prazo baixou ao 36% --115 concellos-- no ano 2006, con respecto ao
anterior exercicio, no que o fixeron o máis da metade dos 315
corporacións galegas --un 52% -- , e atribuíu este "descenso" á
introdución de novas normas de contabilidade no ámbito municipal e aos
"cambios" provocados polas eleccións municipais de 2007.
Tras reunirse coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, á que lle
entregou o informe fiscalizador correspondente ao exercicio de 2006 --o
primeiro que fiscaliza a xestión do bipartito--, o conselleiro maior
vinculou este "negativo" cambio de tendencia na rendición de contas da
Administración local á proximidade dun proceso electoral que
"coincidiu" nun momento no que as entidades locais debían "aprobar as
contas" do exercicio para remitilas "antes de outubro de 2007". As
"alteracións" na composición política dos concellos a causa do proceso
electoral tamén dificultaron a presentación das contas, segundo recolle
o informe. Malia todo, a 30 de abril de 2009, data na que se pechou
este informe, só 9 concellos non renderan aínda as súas contas e entre
eles non se atopaba ningunha de sete grandes cidades galegas.
Neste contexto, López insistiu na necesidade de realizar un esforzo
"conxunto" de todos os implicados --concellos, deputacións, Xunta e o
propio Consello de Contas-- para "mellorar" a rendición das entidades
locais. Segundo avanzou, a entidade fiscalizadora está "a punto" de
introducir un procedemento de rendición telemática para "facilitar" os
trámites aos concellos.
"Deficiencias" en contabilidade patrimonial
O informe presentado este mércores recolle a memoria de actividades do
ano 2006 do Consello contas, entre as que se inclúe a "conta xeral da
Comunidade" que, segundo López Díaz, reflicte "razoabelmente" a
actividade económica desenvolvida no exercicio 2006, aínda que presenta
"algunhas deficiencias reiteradas" en materia de contabilidade
patrimonial. Segundo explicou, estas "deficiencias" refírense á
valoración de inventarios e amortizacións, ás que "non se pon tanta
atención" no sector público como no privado".
Ademais,
preséntanse tres informes específicos, o primeiro deles sobre a
actividade subvencional para federacións e clubes deportivos --entre os
anos 2002 e 2005 --. Un segundo informe refírese á adquisición de
implantes cirúrxicos polo Servizo Galego de Saúde -- sobre 2007 -- ,
así como informes sobre disciplina urbanística -- que analiza os
exercicios 2005 e 2007-- .
Traballo "rigoroso" O
conselleiro maior negouse a afondar sobre o contido do informe para
"non desvirtuar o seu rigor". "Accedan ao seu contido a través da web",
aconsellou aos xornalistas, aos que lles recordou que o estudio "forma
parte" da "esencia" do funcionamento "democrático" do país. Na mesma
liña, a xefa do Lexislativo, Pilar Rojo, cualificou de "rigoroso"
traballo do órgano fiscalizador, aínda que eludiu pronunciarse sobre as
súas conclusións. "Non corresponde á presidenta da Cámara enxuizar o
contido dos informes", xustificou.
Link: VIONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Non renderon contas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|