|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 3 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello: crédito para facer fronte a facturas pendentes |
O Concello de Cedeira aprobou onte, no transcurso do pleno
extraordinario, solicitar un crédito para facer fronte a facturas
pendentes de pago. Trátase da posta en marcha dun plan de Austeridade
amparado no Real Decreto asinado polo Goberno Central sobre a
prestación dunha serie de medidas extraordinarias para axudar aos
concellos a facer fronte ás súas débedas e, de paso, prestar axuda aos
pequenos negocios e empresarios que agardan a que satisfagan esas
débedas pendentes con eles.
Deste xeito, na sesión plenaria de onte
aprobouse un plan de austeridade, que esixe o Goberno para facer de
avalista desa débeda municipal, en virtude da cal o consistorio deberá
comprometerse a tomar algunha medida. Neste sentido, o alcalde de
Cedeira, José Luís Vergara, lembrou que os impostos municipais no
municipio están moi por baixo da media, motivo polo cal se decidiu que
se incrementarán algunhas partidas, como o imposto de coches de gama
alta ou maior cilindrada, por ser estes últimos os máis contaminantes.
Neste caso o incremento da taxa será só do 0,07%. Outro dos epígrafes
nos que se deberá conter o gasto é a celebración de festas, "que seguiu
unha liña descendente nos últimos anos", explicou Vergara. Aínda que
este ano xa se encargou a un grupo de empresarios a organización e
xestión dos actos festivos municipais. Por outra banda, un informe do
interventor municipal reflicte que se deben facturas desde o ano 2004
que agora poderán ser satisfeitas, tras solicitar un crédito de 150.000
euros que terá validez até o ano 2014.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello: crédito para facer fronte a facturas pendentes" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|