AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 36 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 BNG - 25 de Xullo - Día da Patria Galega

PHP-NukeMovámonos pola nosa lingua e polo dereito ao traballo

Imos celebrar este ano o Día da Patria Galega nun contexto político de
grave agresión contra os nosos dereitos como pobo. O Goberno do Partido
Popular na Galiza fixou a súa prioridade na destrución da nosa lingua.
Comezan por reducir a súa cativa presenza no ensino e por eliminar o
requisito do seu coñecemento para o acceso á función pública. Teñen un
obxectivo político claro: destruír a nosa conciencia de sermos galegos
e galegas.


© BNG Galiza 2009


Paralelamente, no contexto da grave crise económica que sufrimos optan
por recortar dereitos nos servizos públicos (ensino, sanidade,...) e por
aliñarse cos intereses das grandes empresas. Non usan o goberno galego
para defender sectores básicos da nosa economía. Tampouco se
dispoñen a impulsar o emprego desde a iniciativa pública ou axudando á
pequena e mediana empresa. Sintonizan con todo o que sexa reducir
dereitos sociais e laborais. Venden a emigración dos nosos mozos e mozas
como panacea. Só utilizan Galiza ao servizo dos intereses políticos do PP
a nivel estatal.

Hai que moverse contra pretensións tan destrutivas. Un goberno así
é mortal para sermos galegos e galegas con dignidade e lograrmos
algún día o dereito pleno a vivir e traballar na propia Galiza. O BNG
defende unha política de igualdade: a igualdade para o noso idioma
e unha política económica que favoreza o dereito de todos e todas ao
traballo. Esta é a verdadeira política democrática. Por iso facemos un
chamamento a participar na mobilización do Día da Patria en Santiago
en defensa da nosa existencia como pobo con dereitos. De forma moi
especial en defensa da lingua galega como lingua verdadeiramente oficial
a todos os efectos, e do dereito ao posto de traballo digno na propia terra.
Estes son dous dereitos básicos para calquera pobo do mundo.


“Porque o noso deber está en asegurar o dereito ao traballo remunerado,
para que ningún irmán noso emigre por necesidade.”
Sempre en Galiza. Castelao

Link: BNG Galiza



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"BNG - 25 de Xullo - Día da Patria Galega" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos