NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 59 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Fillos, noras e xenros gañan asento "na Deputación de Baltar&

PHP-NukeO fillo do alcalde de Muíños, a nora do alcalde de Xinzo, o xenro do alcalde de Vilamarín, a filla da muller do tenente de alcalde de Cartelle... A lista de aprobados na última convocatoria de oposicións da Deputación de Ourense ofrece un amplo abano de nomes vencellados a cargos e parentes do Partido Popular na provincia. Desde a oposición recuperan unha vez máis as críticas xa reiteradas desde hai anos acerca do presunto "enchufismo" e privilexios no acceso á función pública a determinadas persoas do contorno do PP. "cmpren a lei, pero de xeito retorcido", láiase Alfredo García, voceiro dos socialistas ourensáns na Deputación. Subliña García que ao referírense a estas persoas admiten que "é legal" o mecanismo a través do cal gañan as súas prazas, pero que se trata dun proceso "viciado" no que "nin sequera gardan as aparencias".

"Seguen usando a Deputación para controlar a provincia", acusa o Bloque
"Quen viva en Ourense coñece como é isto, e case nin sequera é partidista senón incluso personalista", expón Xosé Manuel Fírvida, voceiro do BNG na Deputación provincial, acusando o presidente da institución e líder do PP ourensán, Xosé Luís Baltar, de ser a man que move "toda unha maquinaria que permite controlar todo o proceso de contratacións".

Recorda Xosé Manuel Fírvida a longa lista de denuncias sobre este tipo de situacións que acmula a oposición no ente provincial e láiase da inédita porcentaxe do orzamento da institución que é adicado a gastos de persoal. "Até arredor de 1.200 persoas entre fixos e temporais en tempo de eleccións", calcula. Lembra Fírvida que o Bloque ten presentado propostas para, baixo as bases de contratación existentes ou a través da redacción dunhas novas, se estabeleza un sistema que controle con rigor estes procesos. "E aí deberan darnos voz a todos, sindicatos incluídos, e non só ao sindicato controlado por Baltar", reprocha.

"Un problema social"
"É un problema social", quéixase García, indicando que o mellor camiño segue a ser "a insistencia na mensaxe á sociedade de que se trata de prácticas inaceptábeis". "Se non conseguimos iso seguiremos nun camiño sen sentido", opina o voceiro socialista, quen di ser escéptico ao respecto da influencia que poidan ter na situación hipotéticas modificacións lexislativas en favor de maior rigorosidade nestes procesos.
De parecida opinión é o voceiro do BNG, quen por outro lado engade a preocupación pola ausencia de vontade da dirección do PP de rexeitar estas prácticas. "Mentres isto sexa un saco de votos para eles non van facer nada", censura en relación coa actitude de deixar facer dos líderes do partido e en especial do presidente do PPdeG e actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

Colaboradores

"Fillos, noras e xenros gañan asento "na Deputación de Baltar&" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos