 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 16 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | Aymerich pide que o BNG fuxa do "resistencialismo" |
O portavoz parlamentario do BNG e líder de Máis BNG,
Carlos Aymerich, rexeitou este sábado "refuxiarse no resistencialismo"
e apostou por "abrir" a formación "á sociedade", traballando "con
vocación maioritaria e de goberno". Durante a súa intervención no acto
nacional no que Máis BNG constituíu unha xestora co fin de consolidarse
como corrente dentro do Bloque, Aymerich mostrouse partidario de
"escoitar o que a sociedade quere dicir" co obxectivo de poder
"trasladar ilusión ao pobo galego".
"Non queremos adoutrinar", lanzou a uns 300 militantes que recibían
cada frase do nacionalista con numerosos aplausos, senón "traballar
polo país". Nesta liña, interpretou que o BNG debe ser "capaz de
formular proxectos políticos integrais para o conxunto de Galiza". De
feito, ao seu xuízo, o "éxito" desta aposta "dependerá de conseguir
comprometer a todos aqueles que queren facer algo por Galiza" e
"reunilos en torno ao gran proxecto nacionalista que Galicia necesita".
Para
reforzar esta teoría, apelou á "historia" co obxectivo de lembrar que
"o nacionalismo avanzou cando traduciu o desexo da maioría de vivir con
dignidade e confiando nas súas capacidades e recursos propios".
Moitos anos de PP Segundo
Aymerich, quen avogou pola "unión" de "todos os nacionalistas e
galeguistas" na mesma organización política como "garantía de
eficacia", non "ofrecer apoio" á maioría social levará consigo
"aguantar o PP durante moitos anos", do que xa se viu a súa
potencialidade destrutora".
Neste sentido, referiuse
principalmente ao galego e indicou que "hai un movemento en favor da
lingua máis aló das fronteiras do nacionalismo" ao que o BNG debe
"unirse sen afán de protagonismo". Tamén aludiu aos traballadores do
sector metalúrxico, aos gandeiros, aos autónomos e aos comerciantes
para sinalar que os nacionalistas deben "ofrecerlles alternativas a
eles e tamén ao conxunto da sociedade".
Oportunidade Ante
este panorama, entendeu que os partidos estatais están nunha situación
de "descrédito" social, posto que o PSOE "é capaz de dicir que o
financiamento autonómico é un gran negocio para Galiza" e porque as
"bravatas" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foron
reducidas polo líder do PP, Mariano Rajoy.
"Non podemos esperar
que os partidos estatais resolvan os nosos problemas", lamentou
Aymerich, quen, no entanto, celebrou que esta situación ofrece
"oportunidades" ao nacionalismo. "De nós depende aproveitalas para
seguir facendo que o BNG avance", engadiu. De feito, reivindicou a
posición do BNG fronte aos partidos estatais, posto que o seu "único
xuíz" é Galiza. Con todo, o nacionalista alertou de que "as súas
sentenzas non están a ser boas".
Autocrítica Neste
apartado de autocrítica, Aymerich incidiu na necesidade de que os
nacionalistas e galeguistas estean unidos nun mesmo proxecto
"nacionalista e de esquerdas". "No BNG isto non sempre é así", admitiu,
pero considerou que é "traballo de 'Máis BNG' aproveitar unha
ferramenta como o Bloque para traballar por unha Galiza máis xusta e
libre".
Ademais, rexeitou "botar a culpa" á sociedade galega
"cando as cousas veñen mal dadas" no ámbito nacionalista e apostou pola
reflexión interna das circunstancias actuais e por "pór en valor as
conquistas logradas desde a Xunta sen esconder os erros e as
equivocacións nas formas".
O labor de Máis BNG Ante un
auditorio dunhas 300 persoas, entre as que se atopaban o ex-portavoz
nacional do BNG e ex-vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana; a
ex-conselleira de Vivenda e actual coordinadora executiva, Teresa
Táboas; o ex-secretario xeral de Relacións Institucionais Xoán Antón
Pérez Lema; e numerosos alcaldes e concelleiros; a iniciativa 'Máis
BNG' iniciou hoxe a súa andaina coa constitución dunha xestora liderada
polo propio Aymerich e formada por unhas 35 persoas.
Nela
atópanse tamén representados militantes doutras correntes, talles como
o Espazo Socialista Galego, Inzar, Esquerda Nacionalista e o Partido
Nacionalista Galego. Entre todos, marcarán os prazos de traballo e
evolución e decidirán se, finalmente, se lle cambiará o nome a 'Máis
BNG' co obxectivo de integrar todas estas correntes.
Segundo
indicou Aymerich, esta iniciativa busca "a unión, que non a unidade, de
todos os nacionalistas e galeguistas", formular propostas "concretas"
para "loitar contra as miserias dun sistema que crea desigualdade entre
persoas e pobos" e "traballar para Galiza con vocación maioritaria e de
goberno".
Nesta "empresa", apostou por "tender a man a todos os
compañeiros" da formación frontista. "Máis BNG ten que ser unha xanela,
unha porta aberta para que se achegue a sociedade", proclamou, e
insistiu en buscar a "unión" para que "o Bloque represente o proxecto
común de ilusión e esperanza que Galiza necesita".
Link: VIONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"Aymerich pide que o BNG fuxa do "resistencialismo"" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|