O BNG informa : Hoxe, día 1 de xullo, asinouse na
Deputación de A Coruña a concesión dunha subvención de aproximadamente
200.000 euros para a mellora da área recreativa do Toxo na Serra da
Capelada. O proxecto solicitado pola nosa concellería de Turismo
pretende continuar os traballos emprendidos polo anterior goberno
municipal do BNG e suporá un importante impulso para o turismo
medioambiental de Cedeira.
O
Consello Local do BNG de Cedeira felicita a Mª Xosé Rodríguez Pérez
pola súa recente incorporación ao CONSELLO NACIONAL do BNG que se
constituirá en Compostela o vindeiro sábado 4 de xullo. Este
feito é moi gratificante para todo o BNG de Cedeira xa que por
primeira vez un membro da nosa asamblea local está presente no órgano
máximo de dirección do BNG.
Link: BNG Cedeira