- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Non se converterá nunha residencia para a Terceira Idade

PHP-NukeO Hotel Vila de Cedeira xa non se converterá nunha residencia para a Terceira Idade tal e como se esperaba desde o goberno local, despois de que un grupo de empresarios decidise adquirir o inmoble por 2,6 millóns de euros. Aínda que o negocio segue ofrecendo servizo de restauración, a pretensión dos novos donos é darlle un xiro á actividade potenciando, sobre todo, o lecer nocturno.

Finalmente, e despois de moitas especulacións, o Hotel Vila de Cedeira, non se converterá nunha residencia para a Terceira Idade, tal e como se desexaba desde o goberno local cedeirense, xa que, como se lembrará, desde a Concellaría de Industria, Comercio e Turismo, que dirixe o nacionalista Alfredo do Río, confiábase en que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Vicepresidencia, adquirise o hotel para convertelo nunha residencia para maiores. Aquela pretensión non chegou a materializarse. De feito, os técnicos de Vicepresidencia nunca chegaron a revisar as instalacións de Campo do Hospital, aínda que desde o goberno municipal de Cedeira tíñase o convencemento de que así o farían. O propio Alfredo do Río mostrábase moi entusiasmado coa idea de reconverter o hotel nun centro de atención a maiores, xa que a transformación non requiriría un gran investimento, aparte, está claro, dos 2,6 millóns de euros que os antigos propietarios pedían polo inmoble.

Hai uns meses un grupo de empresarios -tres socios- adquiriu o hotel, que está a ser obxecto dunha remodelación, algo que non impide que o servizo de restaurante e cafetaría siga funcionando con total normalidade.

Desde a xerencia do local, en cambio, asegurouse a este diario que un negocio hostaleiro neste lugar non é suficientemente rendible, xa que o hotel só funciona ben tres meses ao ano. Por este motivo, a nova dirección do centro prevé reconverter as instalacións, de máis de cinco mil metros cadrados de superficie, nun local que ofrecerá despedidas de solteiro, reunións privadas e festas de fin de semana, todo isto, tal e como reza na campaña promocional do novo establecemento, "nun ambiente íntimo e coa mellor compañía". A Vila de Cedeira perderá este nome e converterase nun novo negocio bautizado como Cienfuegos.

Unha vez que conclúan os traballos de reforma do inmoble, para os que xa se solicitou permiso no Concello, o hotel Vila de Cedeira deixará atrás unha longa traxectoria, que se remonta 13 anos antes, cando a familia Breizo puxo en marcha en Montoxo este negocio, que naceu como hostal.

Por outra banda, a páxina web da Vila de Cedeira segue activa e permite consultar prezos de habitacións, así como as instalacións, aínda que tal e como manifestaron desde a xerencia, xa non se aceptan reservas.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Non se converterá nunha residencia para a Terceira Idade" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos